Certificado de estudos galegos | Documento | Consello da Cultura Galega
Documento

Certificado de estudos galegos

00/08/1935
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
En agosto de 1935 o Seminario de Estudos Galegos celebrou no Instituto de Pontevedra un curso de extensión escolar ao que concorreron 119 alumnos. A composición dos asistentes era moi diversa, mesmo desde o xeneracional: seis inspectores de primaria, vinteoito mestres, once normalistas, doce alumnos universitarios, trinta e oito alumnos de bacharelato e dous alumnos doutros centros. O SEG expediu quince 'certificados de estudos galegos', como este documento, aos alumnos que asistiron os cursos e realizaron probas de suficiencia, e certificados de aptitude e asistencia adicionais. (El Pueblo Gallego, 29 de agosto de 1935)
Tipo de material
Documento
Data
00/08/1935
Localización física
Museo de Pontevedra