Epístola de Francis Bacon a Filgueira Valverde | Documento. Epístola | Consello da Cultura Galega
Documento. Epístola

Epístola de Francis Bacon a Filgueira Valverde

03/11/1932
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Unha clave do SEG é que foi converténdose gradualmente en interlocutor de investigadores do ámbito internacional que se interesaban por aspectos da cultura galega, desde a literatura medieval ata a etnografía, a xeografía, a antropoloxía ou a musicoloxía. Esta intrigante carta de 1932 dá conta da visita do investigador Francis Bacon a Galicia e do interese de Filgueira Valverde en "obter un "instrumento para a gravación da música popular de Galicia". Bacon afirma que o vai poñer en contacto co profesor Federico de Onís, da Columbia University, tamén interesado nas "cancións e na música popular de España". Ata o momento descoñécese se se trata dun interese persoal de Filgueira Valverde ou dun propósito do SEG de realizar gravacións de música tradicional de xeito sistemático, nunha data tan temperán.
Tipo de material
Documento. Epístola
Data
03/11/1932
Localización física
Fondo Filgueira Valverde. Fundación Filgueira Valverde. Depositado no Museo de Pontevedra