«Xa temos elecións pro ainda non temos democracia» / Imaxe. Cartel/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Novo futuro, novos partidos

Material

Novo futuro, novos partidos

«Xa temos elecións pro ainda non temos democracia»

Image 1
Detalle
Os partidos foron legalizados e insertos na dinámica electoral do sistema de xeito progresivo. No caso concreto do Movemento Comunista non se produciu ata o 21 de xullo de 1977. De ideoloxía revolucionaria-maoísta, o partido apoiou a creación da Candidatura de Unidade Popular ás eleccións xerais de xuño de 1977, na que estaban integrados, entre outros, o Movemento Socialista e o Partido Comunista dos Traballadores.. Como anécdota, o 7 de outubro de 1976 púidose comprar por primeira vez desde o fin da Guerra Civil números da publicación oficial do Movemento Comunista de Galicia «Galiza en Loita» na vía pública. Segundo reporta a prensa do momento, puidéronse vender ao redor de 100 exemplares sen ningún tipo de altercado nin intervención policial.
Descrición
Cartaz propagandístico do Movemento Comunista de Galicia de protesta contra o rexeitamento da súa candidatura para as eleccións de 1977, e pedindo o voto para a esquerda no país en favor dunha Galicia "ceibe e socialista".
Metadatos