Aquí medra a lingua
Aquí medra a lingua é un proxecto documental que relata como seis centros educativos de Galicia desenvolven iniciativas e métodos para poñer en valor e promover o uso da lingua galega. Os centros, de ámbitos xeográficos e contextos lingüísticos diferentes, comparten as súas experiencias para facilitar o intercambio e a aprendizaxe colectiva. Cada luns, a web do Consello da Cultura Galega publica un novo episodio.É unha iniciativa da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do CCG co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Dirección e montaxe: Cristina de la Torre
Cámara: Pio Cribeiro