Aquí medra a lingua

Aquí medra a lingua

Modelo Burela

Aquí medra a lingua

Bernardo Penabade é unha referencia habitual no ámbito da dinamización lingüística escolar en Galicia. Foi o impulsor no ano 2003 de Modelo Burela, un proxecto que segue vixente case vinte anos despois e do que destaca o programa de Radio Neo protagonizado por neofalantes. Pero Modelo Burela é máis: actividades de prestixio da lingua galega, integración de alumnado migrante
e tamén, unha maneira de transformar a sociedade da que a escola é parte.

Capítulo 01
IES Perdouro, Burela
«O MODELO BURELA»



SINOPSE


Bernardo Penabade é unha referencia habitual no ámbito da dinamización lingüística escolar en Galicia. Foi o impulsor no ano 2003 de Modelo Burela, un proxecto que segue vixente case vinte anos despois e do que destaca o programa de Radio Neo, protagonizado por neofalantes. Pero Modelo Burela é máis: actividades de prestixio da lingua galega, integración de alumnado migrante e, tamén, unha maneira de transformar a sociedade da que a escola é parte.

CRÉDITOS


Título: «Reforzar o propio»
Gravado en: IES Perdouro, Radio Burela, Lonxa de Burela
Duración: 9 min
Interveñen: Miruca Parga Valiña, Bernardo Penabade Rei, Karina Parga Chao, Erica P. Gómez Mendes, Noemy Cardoso Dos Reis Borges, Xoel Iglesias Fernández, Kemer Monteiro da Costa, Sofía Lopes Ramos, Nuria Ramos Cuba, Cristian Gómez Mesa, Noé Fernández Quelle, Pablo Álvarez Ramos, José Fernández Santomé.


CLAVES PARA COMPARTIR



VENTO A FAVOR
Boa sintonía e estabilidade do equipo no centro que participa do programa.
A experiencia de máis dunha década permite que, dinámicas como a revista, estean rodadas.
Colaboración de axentes externos. De feito están creando unha asociación cultural.

COMO SE ORGANIZAN
Comezaron cun traballo de campo identificando necesidades de intervención.
Tralo primeiro plan de acción, do curso 2006-2007, van modificando accións cada ano.
O alumnado participa de forma activa e bastante autónoma.

ACTIVIDADES CON ÉXITO
Recollida de documentos familiares para analizar os usos da lingua: convites, actas de veciños...
Unha exposición sobre o escaso uso do galego nas lápidas do cemiterio municipal.
A revista Maruxía, con 28 anos de traxectoria, con crónicas e creacións da rapazada.
Campañas para o uso do galego no comercio: adhesivos de Nadal, Día dos Namorados...
NEO, programa semanal de radio con entrevistas a neofalantes que se emite noutras radios.
Grupo de integración de inmigrantes con clases de apoio con profesorado e entre iguais.
Atopar e difundir novos modelos de éxito, sobre todo de orixe migrante.

MELLORAS QUE PROPOÑEN
Mellorar o acceso a finanzamento para estas actividades.