O fio de Penélope

O nobelo de Olga Gallego Domínguez

O especial O fío de Penélope condúcenos do fío de Ariadna ao nobelo de Penélope. Once mulleres fan cadanseu periplo polos contidos do web do Consello da Cultura Galega a partir das mulleres homenaxeadas en xornadas organizadas dende o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do CCG. Como non podía ser doutro xeito, non tiran guiadiñas dun fío establecido, senón que cuestionan o nobelo de Penélope, tal e como fixo no seu día a poeta Xohana Torres nos seus recoñecidos versos: “A que tanto nobelo e tanta historia? Eu tamén navegar”.
Esta é a travesía libre de Concepción Varela Orol da man de Olga Gallego Domínguez, referente da arquivística galega.



Concepción Varela Orol, profesora na área de Biblioteconomía e Documentación do Departamento de Humanidades da Universidade da Coruña e membro do Corpo Facultativo de Arquivos e Bibliotecas, foi a coordinadora, xunto con Carmen Pérez Pais da xornada Olga Gallego Domínguez. Mulleres e historia, realizada en 2011. A súa navegación lévanos por referencias vitais que marcaron a súa traxectoria, a súa bibliografía, o fondo documental do Consello da Cultura e as presentacións e investigacións que ocuparon as diferentes xornadas de debate ao redor da arquivística e o patrimonio galego.










Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa la politica de cookies, aqui Se continuas navegando estaras aceptandoa
Politica de cookies +