O FÍO DE PENÉLOPE

O Fío de Penélope
Fernández, Almudena.
Punto del derecho. 2002.
Medidas: 130 x 130 cm.
Acrílico sobre tea.(fragmento)
Fonte: Atalaia / culturagalega.gal.

O Fío de Penélope

Dende hai once anos, o Consello da Cultura Galega organiza unha homenaxe a unha muller representativa da súa área de coñecemento para procurar unha análise da situación actual de moitas mulleres descoñecidas ou pouco recoñecidas nese eido. O proxecto O FÍO DE PENÉLOPE toma como punto de partida as mulleres homenaxeadas neste ciclo, convidando a outras once mulleres a faceren unha viaxe libre polos contidos web do Consello da Cultura Galega. Ao unir o mito do fío de Ariadna co do nobelo de Penélope, convidámolas a tiraren, a cuestionaren e navegaren libremente desde a interdisciplinariedade e a diversidade, na busca dunha cultura plural en diálogo permanente onde toda conexión é posible. Convidámoste a seguilas libremente nos seus navíos para descubrires cartografías novas polas que navegar.

Tomamos o alento para os panos desta navegación libre do poema "Penélope", escrito pola muller inaugural do ciclo, Xohana Torres. Nos seus versos fainos este suxestivo convite: “A que tanto nobelo e tanta historia? Eu tamén navegar”.

Velaquí a tes na súa propia voz

Os nobelos

As navegantes


Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa la politica de cookies, aqui Se continuas navegando estaras aceptandoa
Politica de cookies +