exposición: OS ADEUSES. FOTOGRAFíAS DE ALBERTO MARTí

OS ADEUSES

Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí

Na Sala de Exposicións Mercado Vello (As Pontes), do 11 de xullo ao 23 de xullo de 2012
Información

A Fundación Barrié de la Maza, o Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral de Medios amosan a exposición Os Adeuses. Fotografías de Alberto Martí, organizada polo Consello da Cultura Galega e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).


A mostra componse de 73 fotografías en branco e negro que reflicten o éxodo galego cara a América entre os anos 1957 e 1963 desde os portos da Coruña e Vigo.


A exposició distribúese en tres áreas (A Ida, A Volta, e o Buque Santa María) con imaxes protagonizadas por xente anónima e polas súas experiencias arredor do embarque ou desembarque dos buques que os levaban cara a América.

Ficha técnica
Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí
Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí
Exposición. Na Sala de Exposicións Mercado Vello (As Pontes), do 11 de xullo ao 23 de xullo de 2012
Ámbito
Comisión de Acción Exterior (CCG)

Colabora
Fundación Barrié de la Maza
Secretaría Xeral de Medios

Organiza
Centro Galego de Artes da Imaxe
Consello da Cultura Galega

LUGAR
Sala de Exposicións Mercado Vello
Avenida de Ferrol
15320 As Pontes
A Coruña