exposición: Nós mesmos

NóS MESMOS

Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración

Bos Aires (Arxentina), do 15 de novembro ao 15 de decembro de 2008
Información
A exposición itinerante NÓS MESMOS. ASOCIACIONISMO GALEGO NA EMIGRACIÓN, organizada polo Consello da Cultura Galega, a través do seu Arquivo da Emigración Galega, e en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.

A exposición resume máis dun século de historia do asociacionismo galego na emigración, que cristalizou nos primeiros anos do século XX, particularmente en Arxentina e Cuba. “A experiencia compartida da emigración é a pedra fundante do edificio do asociacionismo. E éste é o motivo central desta exposición temática, dedicada a rastrear a particular historia da identificación e afirmación das colectividades galegas no exterior. Que o seu título sexa “Nos mesmos”, alén dun vago aceno irlandés, indica ben ás claras que o que se pretende subliñar é xustamente, esta capacidade da emigración galega para autoorganizarse nos seus lugares de destino”, afirma Ramón Villares Presidente do Consello da Cultura Galega.
Ficha técnica
Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración
Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración
Exposición. Bos Aires (Arxentina), do 15 de novembro ao 15 de decembro de 2008
Ámbito
Comisión de Acción Exterior (CCG)

Centro Galicia de Buenos Aires

Warning: Unknown: 1 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0