Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración

Exposición. Nós mesmos

Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración

No Edificio Moruno (Castellón), do 24 de febreiro ao 31 de marzo de 2013
Castellón
Exposición
Exposición Nós mesmos

Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración

No Edificio Moruno (Castellón), do 24 de febreiro ao 31 de marzo de 2013 Castellón

A exposición itinerante Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración, está organizada polo Consello da Cultura Galega, a través do seu Arquivo da Emigración Galega, e en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.


A exposición resume máis dun século de historia do asociacionismo galego na emigración, que cristalizou nos primeiros anos do século XX, particularmente en Arxentina e Cuba.


“A experiencia compartida da emigración é a pedra fundante do edificio do asociacionismo. E éste é o motivo central desta exposición temática, dedicada a rastrear a particular historia da identificación e afirmación das colectividades galegas no exterior. Que o seu título sexa “Nos mesmos”, alén dun vago aceno irlandés, indica ben ás claras que o que se pretende subliñar é xustamente, esta capacidade da emigración galega para autoorganizarse nos seus lugares de destino”, afirma Ramón Villares Presidente do Consello da Cultura Galega.

Ficha técnica
Exposición.
Nós mesmos
Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración
Data
No Edificio Moruno (Castellón), do 24 de febreiro ao 31 de marzo de 2013
Lugar

LUGAR
Sala de Exposicións do Edificio Moruno da Autoridade Portuaria de Castellón
Plaza del MAR
Grao de Castellón
12100 Castellón


 

Ámbito
Comisión de Acción Exterior (CCG)
Colabora
Secretaría Xeral de Emigración
Organiza
Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Consello da Cultura Galega