exposición: Nós mesmos

NóS MESMOS

Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración

No Palacio Casa Torre (Bizkaia), do 2 de xullo ao 8 de xullo de 2013
Información

A exposición itinerante Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración, está organizada polo Consello da Cultura Galega, a través do seu Arquivo da Emigración Galega, e en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.


A exposición resume máis dun século de historia do asociacionismo galego na emigración, que cristalizou nos primeiros anos do século XX, particularmente en Arxentina e Cuba.


“A experiencia compartida da emigración é a pedra fundante do edificio do asociacionismo. E éste é o motivo central desta exposición temática, dedicada a rastrear a particular historia da identificación e afirmación das colectividades galegas no exterior. Que o seu título sexa “Nos mesmos”, alén dun vago aceno irlandés, indica ben ás claras que o que se pretende subliñar é xustamente, esta capacidade da emigración galega para autoorganizarse nos seus lugares de destino”, afirma Ramón Villares Presidente do Consello da Cultura Galega.

Ficha técnica
Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración
Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración
Exposición. No Palacio Casa Torre (Bizkaia), do 2 de xullo ao 8 de xullo de 2013
Ámbito
Comisión de Acción Exterior (CCG)

Colabora
Secretaría Xeral de Emigración

Organiza
Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Consello da Cultura Galega

LUGAR
Palacio Casa Torre
Sabino Arana, s/n
49980 Santurtzi
Bizkaia


Warning: Unknown: 1 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0