exposición

Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí

No Museu do Estado de Pernambuco (Brasil), do 12 de xullo ao 28 de agosto de 2016
Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí

A mostra componse de 51 fotografías en branco e negro que reflicten o éxodo galego cara a América entre os anos 1957 e 1963, desde os portos da Coruña e Vigo.

Esta exposición distribúese en tres áreas (A Ida, A Volta, e o Buque Santa María), con imaxes protagonizadas por xente anónima e polas súas experiencias arredor do embarque ou desembarque dos buques que os levaban cara a América.

Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova: