encontro

Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural 10. Alén dun castro. Arqueoloxía, restauración e divulgación no xacemento de Baroña

Xoves, 23 de febreiro de 2017
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural 10. Alén dun castro. Arqueoloxía, restauración e divulgación no xacemento de Baroña

O Castro de Baroña é un dos xacementos máis visitados de Galicia, no que se xuntan interesantes aspectos patrimoniais, a súa temperá posta en valor e a súa localización, que lle confiren un importante valor paisaxístico. Nos últimos anos desenvolvéronse varias campañas de reescavación do sitio, escavación de zonas novas, restauración e posta en valor, así como un importante esforzo pola súa divulgación en tempo real.

Este encontro céntrase en tres aspectos relativos a Baroña: o seu valor patrimonial, o seu valor social e as súas necesidades de cara ao futuro. Como xa é habitual, xeraremos un espazo de debate, desta volta centrado nun dos lugares patrimoniais máis significativos de Galicia.

Fotografía da portada: Araski

Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova: