Escudos Humanos. Uma peça de acção con muitas palavras de Patrícia Portela
Os cans non comprenden a Kandinsky de AveLina Pérez

DRAMATURXIAS ITINERANTES

Luns, 8 de abril de 2019 ás 18:30 horas
Información

O Consello da Cultura Galega, o Camões, Centro Cultural Portugués en Vigo e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia poñen en marcha o programa “Dramaturxias itinerantes/Dramaturgias itinerantes”, que ten por obxectivo servir de ponte entre as escrituras teatrais galega e portuguesa para fomentar, a través do diálogo escénico, un mellor coñecemento mutuo que poida agromar en futuros traballos colectivos.

Nesta primavera de 2019 inauguramos en Galicia o ciclo e acollemos, primeiro en Compostela e despois en Vigo, as dramaturgas Patrícia Portela e Lina Pérez. Escoitaremos os seus textos orixinais nas voces de alumnado da ESAD e de parte do Grupo de Teatro Amador do Centro Cultural Português do Camões de Vigo "Eu.Experimento" e teremos ocasión de departir coas dúas escritoras. Por volta do verán, a actividade terá continuidade en terras portuguesas.

Coma en anteriores encontros literarios –organizados en colaboración co Instituto Ramon Llull e o Instituto Etxepare-, o Consello da Cultura Galega publicará na súa web os textos dramatizados na xornada coa finalidade de seguir a estreitar os vencellos entre a cultura galega e a portuguesa, co teatro como aliado na construción dun espazo común e diverso no que existirmos e dende o que falar coas nosas propias voces.

O martes, 9 de abril, ás 16:30 horas esta sesión de lecturas dramatizadas repetirase na sede da ESAD de Vigo.
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD)
Poza Cabalo, s/n 36212 VIGO (Pontevedra)

Ficha técnica
<i>Escudos Humanos. Uma peça de acção con muitas palavras</i> de Patrícia Portela<br><i>Os cans non comprenden a Kandinsky</i> de AveLina Pérez</br>
Escudos Humanos. Uma peça de acção con muitas palavras de Patrícia Portela
Os cans non comprenden a Kandinsky de AveLina Pérez
Recital. Luns, 8 de abril de 2019 ás 18:30 horas
Organiza
Centro Cultural Português do Camões IP em Vigo
Centro Cultural Português do Camões IP em Vigo
Consello da Cultura Galega
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205