O Consello da Cultura Galega, o Camões, Centro Cultural Portugués en Vigo e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia poñen en marcha o programa “Dramaturxias itinerantes/Dramaturgias itinerantes”, que ten como obxectivo servir de ponte entre as escrituras teatrais galega e portuguesa para fomentar, a través do diálogo escénico, un mellor coñecemento mutuo que poida agromar en futuros traballos colectivos. Nesta primavera de 2019 inauguramos en Galicia o ciclo e acollemos, primeiro en Compostela e despois en Vigo, as dramaturgas Patrícia Portela e AveLina Pérez. Escoitaremos os seus textos orixinais nas voces do alumnado da ESAD e de parte do Grupo de Teatro Amador do Centro Cultural Português do Camões de Vigo “Eu.Experimento” e teremos ocasión de departir coas dúas escritoras.
Titulo | Dramaturxias Itinerantes [ed. primavera 2019] = Dramaturgias Itinerantes |
Textos |
Patrícia Portela AveLina Pérez |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega; Escola Superior de Arte Dramática de Galicia; Instituto Camões, 2019 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 39 p. (Edición dixital) |
Notas | Non hai edición en papel. -- Contén: 1. Os cans non comprenden a Kandinsky /por AveLina Pérez. 2. Escudos Humanos: Uma peça de acção com muitas palabras/ por Patrícia Portela. |
DOI | 10.17075/didi.2019 |
Materias | |
Código QR |