A Vespa velutina en Galicia: estado da cuestión e avances científicos

Xornada

A Vespa velutina en Galicia: estado da cuestión e avances científicos

Mércores, 3 de abril de 2019
Santiago de Compostela
Xornada

A Vespa velutina en Galicia: estado da cuestión e avances científicos

Mércores, 3 de abril de 2019 Santiago de Compostela

En Galicia vívese con preocupación a propagación da Vespa velutina, coñecida como “Vespa asiática”, pois este insecto invasor está a causar estragos na apicultura, ameaza o equilibrio do ecosistema e afecta á saúde das persoas. Desde a súa chegada ás nosas vidas, a Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia (ACVG) foi sensible ás necesidades da sociedade fronte a esta avéspora invasora, pois os veterinarios son responsables da saúde e benestar das abellas e a Vespa velutina é unha cazadora masiva delas. O Consello da Cultura Galega tampouco permaneceu alleo ao problema, tanto pola obriga de protección do patrimonio natural e a necesidade de garantir o dereito de todos a recibir os beneficios do progreso das ciencias e das súas aplicacións, coma polo feito de entender que a acción cultural debe atinxir as múltiples facetas da vida humana e das sociedades, tal e como indica a lei de creación desta institución. 

Os expertos e expertas salientan a necesidade de afrontarmos de xeito efectivo as dimensións e os conflitos sociais inherentes á investigación e xestión da invasiva Vespa velutina, esa preocupante descoñecida. O Consello da Cultura Galega, a través da súa Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade vén realizando un importante labor de divulgación científica coa publicación de libros, a elaboración de recursos e a organización de encontros que contribúen a poñer de manifesto o diálogo entre as dúas culturas, como as acuñou C. P. Snow. E nesa liña se inscribe esta xornada: a ciencia que non se divulga á sociedade é coma se non existise.


A Vespa velutina en Galicia: estado da cuestión e avances científicos, organizada polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia, pretende ser un espazo de encontro entre o ámbito da investigación científica, os apicultores e os axentes involucrados na loita contra a especie invasora, para intercambiar información e para tentar responder de forma autorizada e matizada as preguntas do mundo real en relación coa ameaza da Vespa velutina.


 

Ficha técnica
Xornada.
A Vespa velutina en Galicia: estado da cuestión e avances científicos
Data
Mércores, 3 de abril de 2019
Lugar

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Participante
Xesús Asorey Martínez
Román Cid Álvarez
Antonio Crespo Iglesias
María Esther Ordóñez Dios
Presenta
Rosario Álvarez
Relator/a
Xesús Feás
Luís Rodríguez Lado
Organiza
Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia
Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia
Consello da Cultura Galega

Imaxe da portada: X. Feás (avalaible at www.vespavelutina.co.uk)