Mulleres, Patrimonio, Sociedade. Ciclo de cinema galego-portugués Ciclo
2ª edición. Mulleres, patrimonios, sociedade
Ciclo de Cinema Galego-Portugués, 2ª edición
26, 27 e 28 de setembro de 2019Vigo
Ciclo
2ª edición. Mulleres, patrimonios, sociedade
Ciclo de Cinema Galego-Portugués, 2ª edición
26, 27 e 28 de setembro de 2019 VigoEste ciclo de cine galego-portugués ten como obxectivo promover o intercambio cultural entre Galicia e Portugal. Despois dunha primeira edición, que tivo lugar en Braga no 2018, centrada fundamentalmente no cine galego e de fronteira, a segunda realizarase en Vigo os días 26, 27 e 28 de setembro, cuxos temas serán a situación das mulleres e a súa relación cunha sociedade normalizadora e, novamente, o patrimonio, xa que consideramos importante a visibilización da muller en relación con ambas as realidades na actualidade, a patrimonial e a social.
Este ano desenvolverase un ciclo estruturado en tres xornadas continuas nas que se proxectarán en cada unha delas unha curtametraxe e unha longametraxe, seguidas dun debate-coloquio co público participante. As institucións implicadas son o Consello da Cultura Galega, o Camões-Instituto da Cooperação e da Lingua, I. P., a Universidade do Minho (UMinho) e a Vigo Film Office.
Os obxectivos desta segunda edición son:
• Promover o intercambio lingüístico-cultural a través das reflexións que poidan xurdir no debate previsto en cada xornada de proxección. A actividade procura ser unha transferencia cultural transfronteiriza de ida e volta.
• Difundir o patrimonio cultural galego en Portugal e portugués en Galicia, así como a súa relación coa sociedade, servíndose das posibilidades que ofrece o soporte audiovisual.
• Visibilizar a realidade portuguesa e galega, ofrecendo unha visión positiva e punteira de produtos culturais que se están a xestar no panorama actual. Para tal fin estase levando a cabo unha selección de proxeccións que na súa totalidade tiveron ou teñen impacto nas sociedades portuguesa e galega, tanto polo recoñecemento público como por obteren diferentes premios nacionais e internacionais.
• Visibilizar e promover a reflexión sobre temáticas sociais de relevancia transversal e, xa que logo, de grande interese no ámbito galego e tamén no portugués. Trátase de tres xornadas que procuran poñer en valor a figura das mulleres e reflexionar sobre a súa interacción co patrimonio e a sociedade.
• Promover a colaboración entre institucións portuguesas e galegas, reservándolle a cada unha delas un papel relevante no ciclo en termos de participación, acollemento, financiamento e condución dos diferentes eventos ou actividades.
2ª edición. Mulleres, patrimonios, sociedade
Ciclo de Cinema Galego-Portugués, 2ª edición
26, 27 e 28 de setembro de 2019 Vigo26 de setembro
19.00 horas
Inauguración
MULLERES
19.15 horas Tódalas mulleres que coñezo (2018)
Dirección: Xiana Teixeiro
20:45 h. Entre sombras (2018)
Dirección: Mónica Santos e Alice Guimarães
21:00 h.
Debate: Xiana Teixeiro (directora de Tódalas mulleres que coñezo), Rebeca Blanco Rotea (Consello da Cultura Galega), Encarna Otero (Consello da Cultura Galega) e Alexandra Esteves (UMinho)
27 de setembro
PATRIMONIOS
19:00 h. Alentejo, Alentejo (2013)
Dirección: Sérgio Tréfaut
20:45 h. Tempo de recolleita (2018)
Dirección: Félix Blume
21:20 h.
Debate: Sara Traba (directora de cine), María del Sol Palomo (Ialma), Faia Díaz Novo (De Vacas) e Noemí Basanta (UMinho)
28 de setembro
SOCIEDADE
19:00 h. Volta à terra (2014)
Dirección: João Pedro Plácido
20:20 h. Cando mamá pechou as caixas (2018)
Dirección: Arancha A. Brandón
21:40 h.
Debate: Arancha A. Brandón (directora de Cando mamá pechou as caixas), Amada Traba (UVigo), Noemí Basanta (UMinho) e José Gabriel Andrade (UMinho)
LUGAR
Multicines Norte
Vía Norte, nº 22
Vigo
MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala.


