O Consello da Cultura Galega e a Xunta de Galicia, a través do CGAI, reúnen nesta mostra, comisariada por José Caruncho, unha selección de 50 fotografías de Alberto Martí sobre o éxodo migratorio galego cara a América entre os anos 1957 e 1963 desde os portos da Coruña e Vigo, en Galicia.
A exposición abrangue tres áreas diferenciadas: A Ida, A Volta e O Buque Santa María (que cubría a ruta Caracas-Lisboa-Vigo e foi secuestrado polo Directorio Ibérico de Liberación [DRIL] en xaneiro de 1961).
Inauguración (fotos da inauguración: Xan Padrón)
O sábado 9 de febreiro ás 12:00 h, no Ellis Island National Museum of Immigration de Nova York, terá lugar a inauguración da exposición a cargo da presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, e do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.
O acto de inauguración contará coas actuacións da gaiteira galega Cristina Pato, o Cuarteto Irmandade da Gaita e bailadores/as das asociacións galegas de Nova York e Nova Jersey
Actividades relacionadas: mesas redondas
Galician Immigration in New York. History and Memory
FEB. 11 | 7:00 PM | INSTITUTO CERVANTES OF NEW YORK
Spanish Galician Immigration in the Context of European
Immigration in the Americas
FEB. 12 | 6:00 PM | BARNARD COLLEGE, COLUMBIA UNIVERSITY
Historical Memory in present-day Galicia
MAR. 12 | 7:00 PM | INSTITUTO CERVANTES OF NEW YORK
Galician Culture: Past, Present, Future
MAR. 13 | 6:00 PM | GRADUATE CENTER, CITY UNIVERSITY OF NEW YORK