exposición

OS ADEUSES

Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí.

Casa de Galicia de Nova York, do 21 de setembro ao 4 de outubro de 2019
Información

O Consello da Cultura Galega e a Xunta de Galicia, a través do CGAI, reúnen nesta mostra, comisariada por José Caruncho, unha selección de 50 fotografías de Alberto Martí sobre o éxodo migratorio galego cara a América entre os anos 1957 e 1963 desde os portos da Coruña e Vigo, en Galicia.

A exposición abrangue tres áreas diferenciadas: A Ida, A Volta e O Buque Santa María (que cubría a ruta Caracas-Lisboa-Vigo e foi secuestrado polo Directorio Ibérico de Liberación [DRIL] en xaneiro de 1961).

Ficha técnica
Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí.
Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí.
Exposición. Casa de Galicia de Nova York, do 21 de setembro ao 4 de outubro de 2019