Dramaturxias itinerantes

Ciclo. Dramaturxias itinerantes/ Dramaturgias itinerantes

Dramaturxias itinerantes

Camaleoa. Do corpo ao manifesto de Rita Pinheiro
Reino da extinción de Laura Porto

30 de novembro e 2 de decembro de 2021
Porto e Vigo
Ciclo
Dramaturxias itinerantes/ Dramaturgias itinerantes

Dramaturxias itinerantes

Camaleoa. Do corpo ao manifesto de Rita Pinheiro
Reino da extinción de Laura Porto

30 de novembro e 2 de decembro de 2021 Porto e Vigo
O programa “Dramaturxias itinerantes/Dramaturgias itinerantes”, iniciado en 2019, é froito da colaboración institucional entre o Consello da Cultura Galega, o Instituto Camões-Centro Cultural Português de Vigo e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e ten como obxectivo promover un mellor coñecemento mutuo da escrita teatral máis contemporánea de Galicia e Portugal. O proxecto pon o foco nas novas xeracións de profesionais das artes escénicas que se están a formar nas nosas escolas, e na dramaturxia de autoría feminina, coa vontade de rescatar esta da invisibilidade e de poñer en valor todo o seu potencial renovador.

Paseniño, o ciclo foi sumando edicións, nomes e encontros escénicos, mesmo sorteando as incertezas da pandemia cunha edición a finais de 2020 que foi tamén un xesto de confianza na capacidade resiliente do teatro. Nas voces galegas e portuguesas foron chegando aos públicos os textos de Patrícia Portela e AveLina Pérez, de Ana Carreira e Joana Craveiro, de Clara Gayo e Cláudia Lucas Chéu e hoxe congratulámonos de escoitar os de Rita Pinheiro e Laura Porto. Todos eles poden atoparse en edición dixital en www.consellodacultura.gal
Nesta edición 2022 súmase ao proxecto a ESMAE de Porto á que lle agradecemos o entusiasmo e a complicidade. Oxalá poida acompañarnos por moitos anos máis nesta viaxe.
Ficha técnica
Ciclo.
Dramaturxias itinerantes/ Dramaturgias itinerantes
Dramaturxias itinerantes
Camaleoa. Do corpo ao manifesto de Rita Pinheiro
Reino da extinción de Laura Porto
Data
30 de novembro e 2 de decembro de 2021
Lugar

Martes, 30 de novembro de 2021
19:00 horas
Teatro Helena Sá e Costa
Rua da Escola Normal, 39
4000-099 Porto
http://thsc.pt/
https://www.esmae.ipp.pt/

Xoves, 2 de decembro de 2021
17:00 horas
Escola Superor de Arte Dramática de Galicia
Poza Cabalo, s/n
36212 Vigo(Pontevedra)
https://esadgalicia.com/

Organiza
Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
Escola Superior de Música e Artes do Espetáculo
Escola Superior de Música e Artes do Espetáculo
Instituto Camões
Instituto Camões