Pensar con orgullo IV

LGTBIQ+

Pensar con orgullo IV

21 de xuño de 2023
Santiago de Compostela
Xornada
LGTBIQ+

Pensar con orgullo IV

21 de xuño de 2023 Santiago de Compostela
Chegamos á cuarta edición de Pensar con Orgullo, unha actividade que persegue cuestionar os conceptos herdados e descubrir novos réximes de verdade, máis alá das fronteiras do patriarcado e as súas violencias. Na súa primeira edición considerouse de especial interese analizar as contribucións das teorías queer e os estudos LGBTIQ+ ao descubrimento e construción de novas visións do mundo. En 2020, ano do inicio da pandemia de COVID-19, esta xornada foi substituída por un debate en liña sobre a incidencia do confinamento nas persoas LGBTIQ+. Na seguinte edición o debate centrouse nas identidades, os corpos e a súa performatividade, así como nas confrontacións que agroman nas relacións entre os feminismos e a teoría queer. Estas cuestións tiveron continuidade no ano 2022, ao poñer o corpo e a súa falta de neutralidade no centro do debate.

Neste 2023 propoñemos unha serie de interesantes palestras sobre a situación do colectivo desde unha perspectiva internacional e centrada nas políticas públicas e presentaremos os resultados do Foro Identidades e Disidencias Sexuais, un espazo de análise e participación, pioneiro en Galicia, co obxectivo xeral de actualizar a información sobre a realidade das persoas LGBT+ co horizonte transversal de contribuír a previr as condutas violentas contra o colectivo.

Así, dous son os obxectivos fundamentais desta nova edición de Pensar con Orgullo: por un lado, xerar diálogo e, polo outro, arroupar a presentación dos resultados das mesas de diálogo do Foro Identidades e Disidencias Sexuais. Este Foro ideouse un proceso participativo formado por unha mostra representativa de todos os sectores que, dunha ou doutra maneira, están implicados na xestión, formación, educación, investigación e divulgación sobre a identidade sexual e a disidencia sexual. En formato de informe, darase a coñecer este traballo debedor de transferencia do coñecemento dos debates e investigacións que hoxe están a desenvolverse en moitos espazos de reflexión e activismo.

Esperamos que os datos e as conclusións que se recollen no informe contribúan a ensanchar os nosos marcos epistémicos. Non obstante, e de xeito prioritario, agardamos que sirva para deseñar políticas públicas que contribúan a crear servizos e recursos que melloren a vida. Agardamos por vós para compartilo.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
LGTBIQ+
Pensar con orgullo IV
Cando
21 de xuño de 2023
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Carme Adán Villamarín
Daniela Ferrández
Relator/a
Ignacio Elpidio Domínguez Ruiz
Lucas Platero
Ana Lúcia Santos
Organiza
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)
Consello da Cultura Galega