No pasado ano 2019 conmemoramos o quinto centenario da saída da expedición Magalhães/Elcano que completaría a primeira circunnavegación do planeta.
A exposición «Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV - XVII», instalada na Fundación Barrié e comisariada por Ofelia Rey Castelao, amosa as consecuencias que aquela formidable viaxe tivo para Galicia. Deu ao vello reino galego unha oportunidade de aproveitar a súa situación nas rutas atlánticas, as vantaxes dos seus portos e a tradición dos seus mariñeiros. Os Reis Católicos descartaran Galicia como núcleo da Carreira das Indias, pero os poderosos galegos aspiraban a ter parte nese xigantesco negocio. A Casa da Especiaría da Coruña foi un soño breve, pero deu a Galicia un notable protagonismo que tamén se debe celebrar.
Inventio Mundi
Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas - Séculos XV-XVII
Edificio Moruno, El Grao, Castelló, do 14 de abril ao 12 de maio de 2024 Castelló
Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas - Séculos XV-XVII
Edificio Moruno, El Grao, Castelló, do 14 de abril ao 12 de maio de 2024Castelló
O Consello da Cultura Galega (CCG), no marco do programa de itinerancias das súas exposicións, leva ata Castelló en colaboración co Centro Galego de Castelló
A mostra creouse en 2019 cando se conmemoraba o quinto centenario da saída da expedición Magalhães/Elcano que completaría a primeira circunnavegación do planeta. A mostra titúalse «Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV-XVII» amosa as consecuencias que aquela formidable viaxe tivo para Galicia. Aquela epopea deu ao vello reino galego unha oportunidade de aproveitar a súa situación nas rutas atlánticas, as vantaxes dos seus portos e a tradición dos seus mariñeiros. Os Reis Católicos descartaran Galicia como núcleo da Carreira das Indias, pero os poderosos galegos aspiraban a ter parte nese xigantesco negocio. A Casa da Especiaría da Coruña foi un soño breve, pero deu a Galicia un notable protagonismo que tamén se debe celebrar.