NOTICIA

----

Luís Seoane, poeta


Fardel de eisilado
ía chamarse inicialmente Fardel de emigrantes, porque para Seoane non hai distinción entre emigración e exilio, fai referencias a persoas que foron expulsadas da sociedade” asegura Gregorio Ferreiro, autor do estudo introdutorio desta obra. É a quinta entrega da colección Clásicos da emigración e presenta a versión facsimilar dunha obra que nos achega unha parte moi persoal de Luís Seoane cando se cumpren 110 anos do seu nacemento. O propio Seoane confesaría pouco antes de morrer que este icónico poemario foi “un dos seus libros máis queridos”.

Algúns dos poemas que compoñen este Fardel foron escritos en 1967, a bordo do Highland Princess, na viaxe que o leva de volta desde Londres a Bos Aires e na que fai unha parada en Galicia. Di Ferreiro no estudo que “aguilloado por un sentimento de derrota persoa, por pura necesidade de expresar o seu desacougo”. O libro estaba concibido inicialmente como un álbum ilustrado con poemas e non como poemario, recollendo as imaxes que Luís Seoane foi tomando na cuberta de terceira clase dos emigrantes galegos que viaxaban a América. Finalmente converteuse en poemario, pero Seoane incorporou as ilustracións, que agora podes ver de xeito conxunto.

As ilustracións de Fardel de eisilado



Descarga o libro