En 1949, Luís Seoane poñía, por primeira vez en trece
anos de exilio na Arxentina, os pés no continente europeo, onde pasa cinco meses entre París e Londres. Na travesía de regreso a Bos Aires, aproveitando unha escala técnica que realiza o Highland Princess no porto de Vigo, el e a súa dona poden verse e conversar con algúns vellos amigos durante tres breves horas. Xa de novo a bordo do paquebote, aguilloado por un sentimento de derrota persoal e xeracional, Luís Seoane acomete, pola pura necesidade de expresar o seu desacougo, a composición de «Dende o Highland Princess», o segundo dos dous poemas que utilizará de pórtico en Fardel de eisilado, cando se decide a publicar o poemario en 1952. Para ilustrar o que era o seu primeiro libro de poemas, o artista utilizará ademais os debuxos que realizara dos emigrantes que compartiran con el as longas horas de ocio no «combés de terceira» do barco.
Fardel de esisilado é a achega firme dun artista plástico xa de éxito en 1952 que elixe a expresión poética, deliberadamente e porque se sente dotado para traballala, co propósito de enunciar a súa persoal reflexión sobre a emigración e o exilio; segundo o poeta, dúas facianas converxentes nunha idéntica realidade, caracterizada polo alleamento e a exclusión social.
A condición de libro icónico que adoito se lle atribúe a Fardel de eisilado obedece, en non pouca medida, ao cambio que a súa publicación introduciu na lírica galega, que Luís Seoane orienta cara aos eidos do socialrealismo, servíndose dunha linguaxe de intención prosaica pero de ambición épica.

[Data da nota de prensa: decembro 2020]
| Título | Fardel de eisilado |
| Autoría |
Luís Seoane |
| Estudo introdutorio |
Xosé Gregorio Ferreiro Fente |
| Presentación |
Rosario Álvarez Blanco Antonio Rodríguez Miranda |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 81, 53 p.; 21 cm |
| ISBN | 978-84-17802-25-7 |
| Depósito Legal | C 1466-2020 |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Colección | Clásicos da Emigración |
| Evento |
Presentación. Presentación edición facsimilar O fardel de eisilado. //. A Coruña. Fundación Luís Seoane |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|
Gabinete de comunicación
A colección “Clásicos da emigración” suma unha nova obra que amosa a Luís Seoane como poeta [Data da nota: 9/12/2020].
Luís Seoane, poeta [Data da nota: 9/12/2020].
O Consello da Cultura Galega, a Secretaría Xeral da Emigracion e a Fundación Seoane presentan “Fardel de eisilado” [Data da nota: 5/4/2021].