Compilación dos materiais elaborados polas Comisións de Lesbianas das Asociacións Galegas da Muller de Santiago de Compostela e Ferrol e da Asamblea de Mulleres de A Coruña para estes encontros. Tiveron lugar en diferentes espazos universitarios da cidade de Santiago de Compostela no mes de marzo de 1987. Comprende materiais publicitarios, os referidos á repercusión en prensa desta actividade e un total de tres textos mecanoscritos que se corresponden cos debates programados para a sesión da mañá. Estes abordan: a necesidade de cuestionar a norma heterosexual dentro do movemento feminista, o gueto como espazo marxinal e a desinformación e deformación existente en torno á idea de lesbiana e lesbianismo.
Trátase de documentación relevante para a memoria dos movementos feminista e LGTBIQ+ en Galicia e para o coñecemento dos debates, reflexións, revisións e críticas máis destacados na segunda metade da década de oitenta do século XX en Galicia.

Titulo Materiais dos II Encontros Galegos de Feministas Lesbianas, 28 e 29 de marzo 1987
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos, 2021
Edición 1ª edición
Descrición física 1 PDF (39 p.)
Notas Os documentos foron depositados no CDIF a través de doazóns e preparados para a súa publicación en formato PDF en outubro de 2021.
Fondo MFOG e LGTBIQ+.
Colección Sextina
Materias
Áreas
Código QR