Carmen Arias “Mimina”
A Coruña, 15/ 4/1921 - O Castro de Samoedo, Sada, A Coruña, 1/11/2013Autoría: Rosario Portela Yáñez
Unha traxectoria polos camiños da arte
A figura miúda e vivaz de Carmen Arias, “Mimina”, aparece sempre ligada á do seu home, Isaac Díaz Pardo, cunha fidelidade e unha lealdade tales que fixeron que a súa propia traxectoria ficase nunha certa invisibilidade, tanto como artista plástica como no seu papel de cofundadora do grupo de empresas Sargadelos.
Nacida o 15 de abril de 1921 na Coruña, no seo dunha familia acomodada, a súa infancia discorre feliz entre A Coruña e os veráns no Castro de Samoedo, no Pazo de seu pai, o avogado Alicio Arias de Castro. Será un amigo da familia, Germán Díaz Baliño, o que aprecie as habilidades artísticas dunha Carmen Arias ben nova e o que insista para que tome clases cunha das pintoras galegas máis relevantes do momento: a súa irmá Dolores Díaz Baliño.
Nas clases coa “tía Lola”, como adoitaba chamarlle, Carmen Arias tomará contacto con importantes artistas da Galicia do momento pero, ademais vai coñecer, no verán de 1934, o seu futuro marido, Isaac Díaz Pardo, fillo do pintor e escenógrafo Camilo Díaz Baliño, o irmán máis vello da súa mestra.
Ao remate da guerra, vai ser axudante durante dous anos das clases prácticas de debuxo que imparte Lola Díaz Baliño no Instituto Eusebio da Guarda e, na primavera de 1942, as dúas debuxantes deciden realizar en Madrid o exame de ingreso en Belas Artes. Porén, “Mimina” atopa o primeiro atranco na súa carreira profesional: o seu pai só lle permite realizar estes estudos por libre.
Por este tempo, a súa relación con Isaac fora afianzándose malia a oposición paterna, e así, en xuño de 1945, casan no Castro de Samoedo, e trasládanse inmediatamente a Madrid, onde Isaac residía daquela. A cabalo entre Madrid e O Castro, e con tres fillos que nacen seguidos, “Mimina” non chega a rematar os seus estudos de Belas Artes, interrompidos para ocuparse da casa, dos fillos e dun apaixonante proxecto que se inicia en 1949: as Cerámicas do Castro. Aquí retomará a nosa protagonista a súa vocación artística encargándose da decoración das pezas que empeza a producir con grande éxito a nova fábrica. Tamén, como mestra de decoración de todas as traballadoras que se ían incorporando á fábrica. Cando, anos despois, Isaac marcha a Arxentina para crear en Magdalena unha fábrica similar á do Castro, “Mimina” queda ao cargo e ocúpase de manter a produción de cerámica. En 1958 viaxa a Bos Aires para reunirse con el, e alí volve exercer a docencia para ensinarlles o proceso decorativo ás rapazas de Magdalena.
Esta experiencia arxentina foi moi enriquecedora, pois permitiulle tamén achegarse ao mundo dos exiliados galegos naquelas terras; con moitos deles estableceu un nexo fondo, que dará moi pronto inmensos froitos na súa terra. Converteuse, así, nunha magnífica anfitrioa para todos os que pasaban por Magdalena, ao igual que o faría con todos os que pasarían polo Castro e, máis tarde, por Sargadelos, facendo da hospitalidade un dos signos de identidade das empresas.
En 1970 inicia a súa produción a Fábrica de Sargadelos, en Cervo, xa cun proceso de decoración moito máis mecanizado, e “Mimina” vai crear un obradoiro de xoiería, do que sairán numerosos deseños de torques, pulseiras, pendentes e todo tipo de alfaias, unha sección que acadará cada vez máis forza e unha gran demanda.
Malia todos os atrancos vitais que tivo que afrontar, foi quen de manter unha permanente vocación artística que puido canalizar con grande éxito no proxecto cerámico do Castro e de Sargadelos. Mais, por riba de todo, “Mimina” foi unha muller excepcional que entendeu coma ninguén o valor da obra de seu home. Como tantas veces, as mulleres somos memoria, e ao longo de toda unha vida, Carmen Arias, dun xeito intuitivo pero moi consciente, converteuse na memoria de Isaac Díaz Pardo.
O 5 de xaneiro de 2012 falece Isaac, logo dalgúns anos apartado da dirección do grupo de empresas que el creara, e só un ano despois, o 1 de novembro de 2013 vai finar na Coruña a súa fiel compañeira nun longo compromiso vital e empresarial que foi fundamental na historia da Galiza do século XX.

Como citar: Portela Yáñez, Rosario : Carmen Arias “Mimina”. Publicado o 1/1/2014 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=204. Recuperado o 01/05/2025
DOCUMENTACIÓN SOBRE
«Adeus a Mimina. Compañeira do compromiso vital de Díaz Pardo», La opinión (3-11-2013). [data de descarga 16-9-2014]. Ver Documento
Fonte: http://www.laopinioncoruna.es/
«Falece Carmen Arias ‘Mimina’, viuva de Diaz Pardo e impulsora de Sargadelos», Praza pública (2-11-2013). [data de descarga 16-9-2014]. Ver Documento
Fonte: http://praza.com/cultura/
DÍAZ RIPOLL, Carolina: «Obituario de Mimina», Praza Pública (2-11-2013). [data de descarga 16-9-2014]. Ver Documento
Fonte: http://praza.com/opinion/1428/obituario-de-mimina/
Ligazóns de interese
Obituario de Carmen Arias de Castro na Asociación Castaño y Nogal
[última consulta: 16-9-2014]
Adeus Mimina na blogoteca.com
[última consulta: 16-9-2014]
Dado que os traballos de xoiería de Mimina non están firmados, é imposible saber cales son da súa autoría. Tómese entón como exemplo a mostra de xoias exposta na web de Sargadelos.
[última consulta: 22/07/2021]
Caricatura de Mimina na web do artista gráfico Siro
[última consulta: 22/07/2021]
Pazo Castro de Samoedo en memoriadesada.com
[última consulta. 22/07/2021]
GRAÑA PÉREZ, Beatriz: “Carmen Arias de Castro. Mimina”, Voces da memoria: galegas exiladas, emigradas e resistentes durante o réxime franquista, Universidade de Santiago de Compostela, 2003, p. 83-109
[última consulta: 22/07/2021]
Epístolas de
Aviso Listado automático de documentación relacionada con Carmen Arias “Mimina” nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
Carta de Díaz Pardo e de Carmen Arias “Mimina” a Seoane e a Maruxa Seoane. 1976
Referencias bibliográficas
- FERNÁNDEZ PALOMO, A.: Isaac Díaz Pardo, unha mirada familiar: conversas con Carmen Arias, Edicións Lea, 2006.
- GRAÑA PÉREZ, Beatriz: Voces da memoria: galegas exiladas, emigradas e resistentes durante o réxime franquista, Universidade de Santiago de Compostela, 2003