Begoña Caamaño
Vigo, 14/ 10/1964 - Santiago de Compostela, 27/10/2014Autoría: Amanda Álvarez González
Unha voz imprescindible no feminismo galego
Comeza a súa andaina profesional no ano 1986 na emisora viguesa Radio Noroeste, na que realiza un curso de radio e pasa a formar parte dos servizos informativos. Tras o seu paso por esta emisora, é contratada pola Cadena COPE para traballar nos servizos informativos de Radio Popular do ano 1988 a 1989. Dende 1989 traballa na Radio Galega, primeiro na delegación de Vigo e desde 1992 na sede central en Santiago de Compostela, onde traballou como redactora dos servizos informativos até a súa incorporación ao Diario Cultural. Así mesmo dirixiu e presentou os programas Andando a Terra, Club Cultura e Expreso de Media Noite. Amais disto, foi correspondente da Axencia Galega de Noticias (AGN) e colaborou nos xornais El Sol, A Nosa Terra, Novas da Galiza e na revista Tempos.
O seu traballo como xornalista vai acompañado dunha grande actividade sindical. Así, participa como relatora no I Congreso do Sindicato da Información de Galicia, que tivo lugar en Vigo no ano 1987, e como membro do Comité de Empresa da Radio Galega desempeña o cargo de presidenta do Comité Interempresas da CRTVG, no que destaca pola súa implicación contra a manipulación informativa do ente público.
No ano 2005 solicita unha excedencia dun ano e trasládase co seu compañeiro, Etxaniz Zorrilla, a Euskadi; alí aprende a falar éuscaro. Xa de volta a Galiza, segue colaborando co movemento sindical e feminista nas publicacións Festa da Palabra Silenciada, DeLiberadamente, A Sega e formando parte do consello de redacción da revista antimilitarista Ar.
Begoña Caamaño é unha das impulsoras da Asociación de Mulleres Galegas na Comunicación (MUGACOM), asociación constituída o 8 de marzo de 1997 na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC a iniciativa dun grupo de profesionais e traballadoras de distintos ámbitos da comunicación co fin de defender o tratamento igualitario no eido laboral e abordar o estudo da imaxe das mulleres nos medios.
Activista incansábel, son moitas as súas intervencións en manifestacións e performances contra a violencia de xénero, a favor do aborto, o antimilitarismo, a insubmisión e a denuncia da catástrofe do Prestige no ano 2002.
Foi membro de Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG) e da Marcha Mundial das Mulleres, nas que desenvolveu un gran número de accións públicas.
Colaborou activamente na campaña "Dou a cara" organizada polo Bloque Nacionalista Galego a favor da Sanidade Pública Galega, o Ensino Público Galego, contra o decreto do plurilingüísmo do Partido Popular e pola capacidade de todos os galegos e galegas a decidiren o seu futuro.
Realizou tamén varias colaboracións relacionadas co eido da música; para a cantante Uxía articulou o “Limiar” do disco Rosalía pequeniña e escribiu, a partir dunha canción de João Afonso, o tema “Aquí em Baixo” do disco Danza das Areas, inda que declinou asinalo, cousa que tamén ocorreu co “Limiar” do disco do grupo María Fumaça Canta o cuco, cando os versos de Manuel María botaron a voar.
No tocante á súa carreira literaria, Begoña Caamaño iníciaa coa publicación da novela Circe ou o pracer do azul no ano 2009 e dálle continuidade, tres anos despois, con Morgana en Esmelle. Ambas as novelas foron publicadas pola Editorial Galaxia e a segunda recibiría o Premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción 2012 da Asociación Galega de Editores, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa 2012, Premio da Crítica de narrativa galega da Asociación Española de Críticos Literarios 2012 e o Premio Losada Diéguez de creación literaria 2013.
Begoña Caamaño morre o 27 de outubro do ano 2014 aos cincuenta anos, tras serlle detectado un cancro de páncreas dous anos e medio antes. A capela de Boisaca acolleu un acto civil multitudinario para despedir a xornalista, escritora, feminista e activista política que congregou amigos e amigas vindos e vindas de diversos lugares de Galiza.
O 24 de outubro de 2015, as amigas que permaneceron cerca dela ao longo da súa enfermidade organizaron un acto de homenaxe, "Begoñísima", no Teatro Principal de Santiago de Compostela, no que interviñeron as súas compañeiras da Radio Galega, mulleres das artes escénicas e da danza, escritoras, poetas e músicas, ademais de ser proxectados diversos audiovisuais sobre a súa figura e obra. Previamente á homenaxe celebrada no Teatro Principal compostelán, preto de 60 mulleres feministas participaron nun encontro titulado "Sororidade", realizado na Fundación Granell.
Ao fío da organización da homenaxe “Begoñísima”, xorde O Libro das amigas conta co deseño de Uqui Permuy, ilustracións de Montse Amigo e Leandro Lamas e recolle 24 textos de mulleres, amigas de Begoña que deixaron impresa a súa particular homenaxe destacando a importancia dos afectos para a feminista, activista política, antimilitarista e defensora dos dereitos humanos que nos abandonou tan precipitadamente.
Con dúas novelas publicadas, Begoña Caamaño ocupa un importante lugar na literatura galega. Nos últimos tempos preparaba unha terceira novela con outra muller como protagonista, Sherezade, ademais do proxecto de novelar a vida da súa bisavoa.
O 20 de xuño de 2025, o plenario da Real Academia Galega acordou que Begoña Caamaño fose a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2026.
[Nota: esta biobibliografía de Begoña Caamaño, escrita por Amanda Álvarez González, foi publicada no Álbum de Mulleres en xaneiro de 2016.]
Como citar: Álvarez González, Amanda : Begoña Caamaño. Publicado o 2/7/2025 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=22279. Recuperado o 28/02/2026
DOCUMENTACIÓN DE
CAAMAÑO, Begoña: «Limiar». En Uxía: Rosalía pequeniña. Galaxia. Sonárbore (cd), 2015. Ver Documento
«Begoña Caamaño: a transgresión do mito». Entrevista publicada no blogue de Ramón Nicolás (15/06/2012). Ver Documento
Fonte: https://cadernodacritica.wordpress.com/ [data de descarga: 22/03/2016]
DOPICO, Montse: «Entrevista a Begoña Caamaño», Praza Pública (30/04/2012). Ver Documento
Fonte: http://praza.gal/cultura/ [data de descarga: 22/03/2016]
CAAMAÑO, Begoña: «Pel azul e vermella», Grial. Revista galega de cultura, 193, p. 90-93. Ver Documento
Fonte: CDSG
VILLAVERDE VIDAL, Manuel: «Conversas contemporáneas. Begoña Caamaño», Galicia hoxe.com (25/01/2010). Ver Documento
Fonte: http://www.galiciahoxe.com [data de descarga: 22/03/2016]
SOTELINO, B.R.: «A Penélope que debuxou Homero desafortunadamente segue existindo». Entrevista a Begoña Caamaño. Ver Documento
Fonte: http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/01/19/0003_8236723.htm [data de descarga: 22/03/2016]
Entrevista de Rosa E. a Begoña Caamaño. Ver Documento
Fonte: Novas da Galiza (15/12/2009 a 15/01/2010)
CAAMAÑO, Begoña: «Mulher e globalizaçom», MNG: O evidente non existe. Jornadas de formaçom do feminismo 2001, p. 7-14. Ver Documento
[Actas das Xornadas publicadas en 2002]
Fonte: Fondos bibliográficos CDIF-CCG
CAAMAÑO, Begoña: «Mulheres e globalizaçom», MNG: Deliberadamente (xuño, 2001), p. 2-3. Ver Documento
Fonte: hemeroteca CDIF-CCG
CAAMAÑO, Begoña: «Triste é o cantar que cantamos (na memória de Olimpia de Rianxo, última vítima mortal da violencia de género na Galiza)», MNG: Deliberadamente (xullo, 2000), p. 4-5. Ver Documento
María Xosé Agra Romero, xunto con Tere Pedrosa, María Xosé Queizán, Esther María Pita, Lidia Senra, Tareixa Navaza e Sefi García, son as protagonistas do artigo de Ana Romaní e Begoña Caamaño sobre mulleres e poder. . Ver Documento. Artigo
Romaní, Ana (1998); Caamaño, Begoña (1998): «Mulleres e poder», Tempos Novos, 10 (marzo 1998), 14-24.
Fonte: arquivo de María Xosé Agra Romero
CAAMAÑO, Begoña: «Elias Rozas e Ramiro Paz: desertores políticos». Entrevista, Ar!. Revista galega antimilitarista, n. 10 (inverno 1997), p. 31-32. Ver Documento
Fonte: exemplares de Manolo Pipas
CAAMAÑO, Begoña: «Contra o esquecimento e pola dignidade». Entrevista, Ar!. Revista galega antimilitarista, n. 7-8 (primavera-verao 1996), p. 48-50. Ver Documento
Fonte: exemplares de Manolo Pipas
Begoña Caamaño ocúpase do antimilitarismo en Bélxica e Honduras . Ver Documento
CAAMAÑO, Begoña: «A Bélxica converteu-se no cuarto estado da UE en abolir o SMO»; «Honduras: A abolición do SMO un paso cara a desmilitarización de Centroamérica». Antimilitarismo no mundo, Ar!. Revista galega antimilitarista, n. 3 (primavera 1995), p. 36
Fonte: exemplares de Manolo Pipas
Dúas son as achegas de Begoña Caamaño no n. 2 de Ar!. Revista galega antimilitarista: un artigo sobre a mocidade antimilitarista na Arxentina, e unha entrevista ao pai de Hipólito Bargo, morto cando cumpría o Servizo Militar Obrigatorio e do que non se recuperou o cadáver. Ver Documento
CAAMAÑO, Begoña: «Arxentina: unha mocidade maioritariamente antimilitarista». Antimilitarismo no mundo, Ar!. Revista galega antimilitarista, n. 2 (inverno 1995), p. 17
Fonte: exemplares de Manolo Pipas
CAAMAÑO, Begoña: «Hipólito Bargo: Pai dun rapaz morto hai 8 anos cando cumpria Servizo Militar e do que aínda non se recuperou o cadaver». Entrevista, Ar!. Revista galega antimilitarista, n. 2 (inverno 1995), p. 30 a 33
CAAMAÑO, Begoña: «Carme Muíños: ter un fillo insubmiso cambiou-me a vida». Entrevista, Ar!. Revista galega antimilitarista, n.4 (verao 1995), p. 44-45. Ver Documento
Fonte: exemplares de Manolo Pipas
CAAMAÑO, Begoña: «Goldi e Ernesto: Insubmisos presos». Entrevista, Ar!. Revista galega antimilitarista, n. 1 (Outono 1994), p. 33-35. Ver Documento
Fonte: exemplares de Manolo Pipas
CAAMAÑO, Begoña: «Algo pior ca o negro», Cadernos A Nosa Terra: As mulleres somos nós, 10 (xullo de 1991), 29-30. Ver Documento. Artigo
CAAMAÑO, Begoña: «Intervençom da NATO en Kosovo». En MNG: Nem guerra que nos mate nem paz que nos oprima. Avante luita feminista!. Charlas de Mulheres Nacionalistas Galegas na livraria Caixa de Pandora (Vigo, maio 1999). Ver Documento
Mulleres Galegas na Comunicación, organización da que fixo parte Begoña Caamaño realizou no ano 1999 o informe A presenza das mulleres na información dos diarios galegos que aquí se reproduce. Ela foi a encargada de redactar o apartado 8. Ver Documento
Entrevista a Begoña Caamaño. Realizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade no ano 2013. Ver Documento
Fonte: http://www.observatorioigualdade.org/ Data de descarga: 21/03/2016
DOCUMENTACIÓN SOBRE
NOGUEIRA PEREIRA, María Xesús: «A (re) escritura feminista. Notas sobre Begoña Caamaño». Ver Documento
Fonte: Madrygal. Revista de estudios Gallegos, n. 19 (2016), p. 151-159.
LAMA, María Xesús: «Contar de novo a mesma historia e abril os ollos» (Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño), Grial. Revista galega de cultura (xullo, agosto, setembro 2012), p. 84-85.. Ver Documento
«Con Begoña Caamaño». Nova publicada no blogue Trafegando ronseis (19/05/2010). Ver Documento
Fonte: http://trafegandoronseis.blogspot.com.es/2010/05/con-begona-caamano.html [data de descarga: 22/03/2016]
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Helena: «Penélope e Circe, mar por medio» (Circe ou o pracer do azul de Begoña Caamaño), Grial. Revista galega de cultura (xaneiro, febreiro, marzo 2010), p. 92-93.. Ver Documento
PIÑEIRO PAIS, Laura: «Circe y Penélope, la transfiguración del mito en Circe ou o pracer do azul de Begoña Caamaño». Ver Documento
Fonte: http://www.tramayfondo.com/actividades/vii-congreso/las_diosas/downloads/pineiro-pais-laura.pdf [Data de descarga: 22/03/2016]
MAULEÓN, A.: Begoña Caamaño y Manuel Álvarez ganan los premios de la crítica en gallego, Faro de Vigo (14/04/2013). Ver Documento
Fonte: www.gela.cat/lib/exe/fetch.php?id=textos_genere&cache [data de descarga: 22/03/2016]
Begoña Caamaño e Circe ou o pracer do azul na Loxa Literaria de Moaña . Ver Documento
PANERO, Carme: Un libro-géiser para Begoña Caamaño, texto lido na presentación de O libro das amigas no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo (02/03/2016). Ver Documento
Ligazóns de interese
ROMANÍ, Ana: «Begoña Caamaño. Definitivamente utópica, radicalmente vital»
[última consulta: 09/02/2026]
«A Real Academia Galega dedicaralle o Día das Letras Galegas 2026 a Begoña Caamaño», información publicada na web da RAG o 20 de xuño de 2025
Fonte: Real Academia Galega.
https://academia.gal
«A Real Academia Galega dedicaralle o Día das Letras Galegas 2026 a Begoña Caamaño», nova publicada na Axenda Cultural da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) o 20 de xuño de 2025
Fonte: Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
https://axendacultural.aelg.gal
«Begoña Caamaño, a voz lila da nosa literatura, Día das Letras Galegas de 2026», artigo publicado en Nós Diario, ( 20 de xuño de 2025)
Fonte: Nós Diario
https://www.nosdiario.gal
Coñece, entre os minutos 14:30 e 20:52 deste vídeo, a Entrevista a Begoña Caamaño en ZigZag Diario .
[última consulta: 19/07/2021]
CAAMAÑO, Begoña: «A crise cotiza em bolsa», Novas da Galiza, n. 72, p. 3
Número completo: Novas da Galiza, n. 52 (15/11/2008)
Fonte: novas.gal/hemeroteca
CAAMAÑO, Begoña: «Vítimas sem direitos, direitos sem vítimas», Novas da Galiza, n. 52, p. 3
Número completo: Novas da Galiza, n. 52 (15/03/2007)
Fonte: novas.gal/hemeroteca
CAAMAÑO, Begoña: «Que (non) me rexistren. Sobre as parellas de feito», A Nosa Terra, n. 781, p.6
Número completo: A Nosa Terra, n. 781 (05/06/1997)
Fonte: CCG, Hemeroteca
CAAMAÑO, Begoña: «Barbies violadas», A Nosa Terra, n. 758, p. 6
Número completo: A Nosa Terra, n. 758 (26/12/1996)
Fonte: CCG, Hemeroteca
CAAMAÑO, Begoña: «Xenocídio», A Nosa Terra, n. 667p. 32
Número completo: A Nosa Terra, n. 667 (30/03/1995)
Fonte: CCG, Hemeroteca
CAAMAÑO, Begoña: «O non das loiras», A Nosa Terra, n. 651p. 32
Número completo: A Nosa Terra, n. 651 (08/12/1994)
Fonte: CCG, Hemeroteca
CAAMAÑO, Begoña: «Cabo Verde», A Nosa Terra, n. 644, p. 32
Número completo: A Nosa Terra, n. 644 (20/10/1994)
Fonte: CCG, Hemeroteca
CAAMAÑO, Begoña: «Haití», A Nosa Terra, n. 633, p. 28
Número completo: A Nosa Terra, n. 633 (04/08/1994)
Fonte: CCG, Hemeroteca
CAAMAÑO, Begoña (1994): «Ter fillos para isto», A Nosa Terra, 621, p.19
Número completo: A Nosa Terra, 621 (12/05/1994)
Fonte: CCG, Hemeroteca
CAAMAÑO, Begoña (1991): «Algo pior ca o negro», Cadernos A nosa terra de pensamento e cultura, 10, “As mulleres somos”, 29-30
Número completo: Cadernos A nosa terra de pensamento e cultura, 10 (xullo 1991)
Fonte: CCG, CDIF Sextina
"Especial Begoña Caamaño" no programa Diario cultural da Radio Galega
[última consulta: 17/07/2021]
Presentación de O libro das amigas a Begoña Caamaño na biblioteca Castro Alobre
[última consulta: 19/07/2021]
Coñece o tema “Aquí em Baixo” do disco Danza das Areas
[última consulta: 19/07/2021]
Begoña Caamaño en A Sega
[última consulta.:1/07/2021]
Begoña Caamaño en lg3
[última consulta: 19/07/2021]
Morgana en Esmelle na wikipedia
[última consulta: 19/07/2021]
Begoña Caamaño agradece el reconocimiento a 'Morgana en Esmelle' en un contexto de
[última consulta: 19/07/2021]
Videos
Con Begoña Caamaño 1964-2014, vídeo de O Ximnasio de Academo. (20 de novembro de 2014)
Fonte: O Ximnasio de Academo / YouTube.com
A Conversa con Begoña Caamaño, programa emitido en PopularTv Galicia o 22 de maio de 2013
Fonte: Popular Tv Galicia / YouTube.com
Breve sobre a elección de Begoña Caamaño como escritora á que se lle dedicará o Día das Letras Galega de 2026
Fonte: RTVG / YouTube.com
Entrevista a Ana Romanía sobre Begoña Caamaño, escritora e xornalista homenaxeada co Día das Letras Galegas de 2026
Fonte: Praza Pública 2022 / YouTube.com
Begoña Caamaño cóntanos a súas reflexións sobre a Radio Galega e a nosa lingua
Fonte: Andrea Nunes Brións / YouTube.com
Artigos Begoña Caamaño
CAAMAñO, B. () Mulheres na política: Partidos "políticamente correctos" | Deliberadamente. (4), 3.
CAAMAñO, B. () Triste é o cantar que cantamos | Deliberadamente. (6), 4-5.
CAAMAñO, B. () Mulheres e globalizaçom | Deliberadamente. (8), 2-3.
CAAMAñO, B. (9/1990) Ser muller na radio | Festa da palabra silenciada. (07), 64 .
CAAMAñO, B. (2012) Morgana en Esmelle | Festa da palabra silenciada. (28), 40-46.
Libros do ccg sobre Begoña Caamaño
A presenza das mulleres na información dos diarios galegos.
2022 |

































