Jesús Bal y Gay
Lugo, Galicia, 1905 - Torrelaguna, Madrid, España, 1993Autoría: Carlos Villanueva
A renovación estética e vangardista: Galicia ollando a Europa
Almacén de Vinos y Cereales. Alí convivirían os tres fillos do matrimonio: Luís, Carmen e Jesús, a quen a familia chamaba “Suso”.
A súa incursión na música débese a Mercedes Cornide e María Mota, que impartían clases de piano á súa irmá; ampliaría estudos de harmonía con Cándido Sanz, músico maior do Rexemento de Zamora n.º 8, e co mestre de capela da catedral de Lugo, Antonio Tapies. En paralelo, e en íntima relación co círculo literario de Lugo, Jesús amosa unha ceda vocación literaria, xestada en faladoiros cos irmáns Correa Calderón, Otero Espasandín ou Alejo Madarro. Tamén nos fala nas súas
memoriasdo seu adiantado descubrimento de Rubén Darío, Antonio Machado, Azorín ou Valle Inclán, e da súa devoción polos ensaios de Ortega y Gasset. Os gustos musicais orientábaos cara a Albéniz, Falla, Granados, Mussorgsky ou Debussy.
Vida universitaria
En 1921 solicita o ingreso na facultade de Filosofía e Letras de Santiago de Compostela, sen chegar a matricularse, orientando a súa preferencia cara ás ciencias. En 1922 trasládase a Madrid
a estudar unha enxeñeríae, dous anos máis tarde, Medicina. Porén, os seus escritos daqueles anos diríxense máis ao ambiente teatral e literario da capital, ás súas lecturas ao piano de partituras variadas, ou á asistencia fiel aos concertos da Filharmónica no Price ou da Sinfónica no Teatro Real.
Os retornos vacacionais a Lugo e o prestixioso círculo literario de Madrid que frecuentaba, lévano a colaborar no lanzamento da revista Ronsel, en 1924, coa que verá a luz o seu ensaio Hacia el ballet gallego, un novo referente da senda que a música debería tomar en Galicia siguindo as liñas trazadas por Falla e polos ballets rusos, cun estilo de linguaxe agresiva, vital e vangardista que practicaría como correspondente en El Pueblo Gallego de Vigo.
A incorporación, en 1925, á Residencia de Estudiantes de Madrid supúxolle un paso máis no seu posicionamento como crítico musical e literario, o afastamento da carreira de Medicina e a súa aproximación á procura de cancións populares en Galicia ou en Estremadura, que o levarían en 1928 a ser aceptado no Centro de Estudios Históricos que dirixía Menéndez Pidal. En calquera caso, o seu crecemento intelectual e a súa propia autoestima aumentarían co contacto e a amizade dos principais intelectuais galegos do seu tempo: Maside, García Sabell, Otero Pedrayo ou Villar Ponte, o que lle supuxo o ingreso, en 1927, no Seminario de Estudos Galegos.
Rosa García Ascot e a súa marcha a Cambridge
O papel xogado como responsable de eventos culturais da Residencia de Estudiantes e a súa entrada no Centro de Estudios Históricos engadíronlle profundidade ao currículo de Jesús Bal, enriquecéndoo ao casar con Rosa García Ascot, discípula de Manuel de Falla e pianista de gran prestixio dentro do Grupo de los 8, núcleo da nova vangarda madrileña. O seu crecente prestixio coma investigador podería explicar a invitación da Universidade de Cambridge para exercer durante tres anos (1935-1938) como lector de literatura española, presentado polo hispanista John B. Trend, biógrafo de Falla e amigo do matrimonio. Os temas a desenvolver en Cambridge estaban relacionados coa literatura medieval e o Século de Ouro e supoñerían, ademais, o recoñecemento e o afondamento en estudos musicolóxicos: sobre cancioneiros do Renacemento, notación antiga ou sobre a música popular e, todo isto, arroupado polo gran papel, como pianista e divulgadora de Falla en Inglaterra, de Rosa García Ascot.
México e un exilio non asimilado
O alzamento militar de 1936 colleu ao matrimonio en pleno período vacacional en Galicia. Jesús –dinos– debendo retomar as súas clases en Cambridge, parte dende Vigo, algo que el nunca considerou coma unha fuxida, senón unha simple peripecia laboral. En 1938, invitado pola Casa de España en México xunto con outros dez prestixiosos intelectuais españois, tampouco chegaría a considerar a súa estadía alí como un exilio, senón como un traslado voluntario, alleo ao conflito político.
Jesús dedicarase naqueles primeiros anos mexicanos á difusión das técnicas de captación e divulgación do folclore, ou á edición do Cancionero de Upsala (1940) e, por suposto, ás súas tarefas de crítico musical de El Universal e de Radio UNAM, compaxinando traballos didácticos con outros académicos no Instituto de Bellas Artes (INBA), creado por Carlos Chávez, no que Jesús Bal foi parte importante: como investigador ou integrado no grupo/revista Nuestra Música, primeira liña dunha vanguarda universalista na que participou con Carlos Chávez, Rodolfo Halffter, Adolfo Salazar e outros, así como apoiando á Editora Mexicana de Música, creada polo grupo para a difusión da obra dos seus asociados.
Foron anos de moita actividade: como xornalista, docente universitario, conferenciante, xestor e, dalgún xeito, portavoz do grupo Nuestra Música; e tamén como compositor, unha actividade que ata aquel momento quedara restrinxida á partitura para voz e piano sobre poemas de Luis Amado Carballo. A súa relación con Carlos Chávez e a necesidade de estrear obra nova, levárono a ir incrementando o seu catálogo con pezas de cámara, voz e piano, coro, piano só ou orquestra, unha produción que gozou de recoñecemento xeral e que, como conta o propio Bal, foi valorada e ata supervisada por Igor Stravinsky, autor aclamado e moi presente en México durante aqueles anos.
Non nos sorprende que en 1955 Jesús e Rosita se fixesen cargo dunha galería de arte –Diana, na rúa Reforma- que se convertería nun centro de reunión, de exposición da vangarda pictórica, musical e literaria, ademais de vender materiais de pintura, libros e discos. Foi época, tamén, de notables monografías e ensaios da súa autoría, como Chopin (1959), Tientos (1960), Debussy (1962), entre outros, que alcanzaron unha gran difusión.
O retorno a España
Jesús Bal e Rosa García Ascot regresaron a España en 1965, sen advertir ás persoas achegadas de que sería unha viaxe sen regreso. Establecéronse en Madrid e a súa actividade reduciríase aos faladoiros lucenses, nos que o matrimonio era arroupado e moi querido polos intelectuais locais do momento: Álvaro Gil, Fernández de la Vega, Trapero Pardo, Gallego Tato, Varela de Vega ou Juan Soto, entre outros, que contribuirían a enxalzar a figura de Bal y Gay, acrecentándose o mito coa publicación do Cancionero Gallego, de Torner & Bal, proxecto anterior á súa marcha a México e que sería editado por Filgueira Valverde en 1974; ou coas súas
memoriasque, ao coidado de Antonio Buján, viron a luz en 1990 co título Nuestros trabajos y nuestros días. Finalmente todo foron homenaxes, recoñecementos, estrea das súas obras mexicanas, etc., fronte ao progresivo illamento do matrimonio na casa do Paseo da Habana ou, ao cabo, nunha residencia de maiores de Torrelaguna (Madrid), onde Jesús falecería o 3 de marzo de 1993 e Rosita nove anos máis tarde.
Bibliografía
Xornadas sobre Bal y Gay (2003): Xornadas sobre Bal y Gay: actas das xornadas realizadas pola Dirección Xeral de Promoción Cultural en Lugo, os días 9 e 10 de maio de 2003. Lugo: Consellería de Cultura, Xunta de Galicia.
Arias Bal, Javier (2001): Jesús Bal y Gay. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Promoción Cultural, Xunta de Galicia.
Bal y Gay, Jesús (1924): Hacia el ballet Gallego. Lugo: Ronsel.
Bal y Gay, J. e García Ascot, R. (1990): Nuestros trabajos y nuestros días. Transc. Antonio Buján. Madrid: Fundación Banco Exterior.
Carredano, Consuelo e Villanueva, Carlos (2017): Manuel de Falla en el imaginario de dos músicos exiliados: Adolfo Salazar y Jesús Bal y Gay. Ciudad de México: El Colegio de México.
Fernández, Rosa M.ª (2005): Bal y Gay: o seu pensamento antes de 1933. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro.
Fondo Bal y Gay. Madrid: Residencia de Estudiantes.
Villanueva, Carlos (ed.) (2005): Jesús Bal y Gay. Tientos y silencios (1905-1993). Madrid: Residencia de Estudiantes; Santiago de Compostela: Universidad.
Villanueva, Carlos (2007): «El cancionero que fue y el que pudo haber sido». En Villanueva, C. (coord.): Cancionero Gallego de E. Martínez Torner y Jesús Bal y Gay. A Coruña: Fundación Barrié; p. 11-81.
Como citar: Villanueva, Carlos : Jesús Bal y Gay. Publicado o 5/7/2021 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=271. Recuperado o 20/03/2025

DOCUMENTACIÓN DE
Fragmento de Seis piezas para canto e piano encol de versos de Amado Carballo, publicado na revista Nós. Ver Documento. Artigo
Fonte: Bal y Gay, Jesús: «Epifanía», Nós, n.º 97 (15 de xaneiro de 1932), p. 2-3
Artigo de Jesús Bal na revista Nós, publicado en 1926, sobre a situación da música galega . Ver Documento. Artigo
Fonte: Bal y Gay, Jesús: «O momento actual da música galega», Nós, n.º 29 (15 de maio de 1926), p. 2-4
«Marginales: Suárez Couto o el buen camino», artigo de Bal y Gay publicado no xornal vigués El Pueblo Gallego o 22 de maio de 1925. Ver Documento. Artigo
Fonte: El Pueblo Gallego, Vigo, (22 de maio de 1925), p. 5
Ligazóns de interese
Documental da TVE que narra a vida do compositor e musicólogo Jesús Bal y Gay
Fonte: https://www.youtube.com/watch?v=0cYiqD9R_FA
Epístolas de
Carta de Bal Gay a Paz Andrade. 1955
Carta de Bal Gay a Paz Andrade. 1966
Audios
Jesús Bal y Gay: Concerto Grosso. I, 1951. 5,05 min
Jesús Bal y Gay: Concerto Grosso. II, 1951. 5,19 min
Jesús Bal y Gay: Concerto Grosso. III. 1951. 3,20 min
Publicacións periódicas
Galicia [Montevideo 1929-30] (1929-1930) .
Cultura Gallega - Información - Noticias
Opinión Gallega (1945-) .
Compostela (1967-1967) .
Revista de Galicia
Artigos Jesús Bal y Gay
BAL Y GAY, J. (12/1930) La galleguización más honda | Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (184), 8.
BAL Y GAY, J. (5/1944) Panorama de la música popular gallega | Acción Gallega. 2ª (8), 2.
BAL Y GAY, J. (5/1944) Panorama de la música popular gallega (continuación) | Acción Gallega. 2ª (9), 3.