Marcela e Elisa
, - ,Autoría: Narciso de Gabriel
Elisa Sánchez Loriga, convertida en Mario, casou con Marcela Gracia Ibeas en 1901
María Elisa Carmen Sánchez Loriga (8/9/1862, A Coruña - ? )
Marcela Gracia Ibeas (27/6/1867, Burgos - ? )
Marcela e Elisa coñecéronse a mediados da década de 1880 na Escola Normal da Coruña, onde a primeira estudaba e a segunda, que xa rematara maxisterio, traballaba en labores de administración ou servizos. Entre elas foise establecendo unha íntima amizade, que axiña se converteu en amor. Os pais de Marcela fixeron o posible para afastar a súa filla de Elisa, e mesmo a enviaron a Madrid por algún tempo, mais os seus esforzos resultaron inútiles.
En 1888 inician a súa andaina como mestras en diversas escolas dos concellos de Coristanco, Vimianzo e Dumbría, procurando que os seus destinos estivesen o máis próximos posible. Cando non exercía a profesión, Elisa vivía coa súa amiga, encargándose dos labores domésticos.
Na primavera de 1901 producíronse diversas disputas entre elas, o que xustifica que Elisa abandone Dumbría e anuncie que ten previsto embarcar con rumbo á Habana. Asemade, Marcela fai saber aos veciños o seu propósito de casar cun curmán de Elisa, chamado Mario, que chegaría proximamente a Galicia. O seu parecido —advirte— era enorme.
Xa na Coruña, Elisa transfórmase en Mario: corta o pelo, viste roupas de home, fuma e cultiva un modesto bigote. Para legalizar a nova identidade, diríxese á igrexa de san Xurxo e confésalle ao párroco, Víctor Cortiella, que era fillo de pai protestante e quería abrazar a fe católica. O párroco, preocupado como estaba pola difusión do protestantismo, acelera os trámites e aos poucos días bautízao. Deseguido, Mario arranxa os papeis para a voda, que se celebra o 8 de xuño de 1901.
Animadas polo éxito do seu proxecto, tiveron a ousadía de retornar a Dumbría como marido e muller. Alí descóbrese o engano. O crego do lugar cualifícaas de sacrílegas e ameaza con entregar a quen fixera de home á Garda Civil.
Mario vese obrigado a fuxir de Dumbría e volve á Coruña. Víctor Cortiella, ao se decatar do engano, cítao na reitoral. El insiste na historia inicial, mais ao comprobar que xa non funciona afirma que é hermafrodita, predominando nel o elemento masculino sobre o feminino. Cortiella non se conforma con esta declaración e faino recoñecer por un médico, que certifica a súa condición feminina.
O matrimonio, acurralado polas autoridades, ten que abandonar Galicia e diríxese ao Porto, onde vive tranquilo durante algún tempo. Pero o 16 de agosto as dúas mulleres son detidas pola policía, a petición da xustiza coruñesa, que decretara orde de procura e captura por matrimonio ilegal. As autoridades españolas pretendían facerse cargo delas decontado, mais as portuguesas negáronse a entregalas sen unha petición formal de extradición. Foron encarceradas e xulgadas polos delitos cometidos en Portugal, dos que resultaron absolvidas.
A prensa portuguesa, como antes a española, ocupouse delas polo miúdo, debido á enorme expectación que suscitaba o matrimonio sen home. As xentes do Porto, despois de seguir as súas andanzas polas rúas da cidade e comentar con humor o caso, apiadouse das dúas mulleres e ofreceulles solidariedade: cartos, compañía no cárcere, solicitude de indulto ao Goberno español...
Con todo, o refuxio que ofrecía Portugal tiña data de caducidade, pois fora aceptada a solicitude de extradición. Así que tiveron que fuxir de novo, esta vez con destino a Bos Aires. Marcela ía acompañada da súa filla, nacida no Porto o 6 de xaneiro de 1902.
En Bos Aires traballaron no servizo doméstico, o mesmo que outras moitas compatriotas. Pero como este tipo de ocupación non lles permitía vivir xuntas, en 1904 Elisa decidiu casar cun dinamarqués entrado en anos, posiblemente coa esperanza de que non lle restasen moitos anos de vida e de adquirir así os recursos económicos que lle permitisen retomar a convivencia con Marcela e a súa filla. O marido, ao saber que casara cunha das protagonistas do matrimonio sen home, denúnciaa, alegando, entre outros motivos, que se negaba a consumar o matrimonio. O xuíz, unha vez comprobado por tres médicos que Elisa era muller, decidiu sobreser o caso. A partir de entón, cando o poder deixa de se ocupar delas, pérdeselles a pista.

Como citar: Gabriel, Narciso de : Marcela e Elisa. Publicado o 2/6/2009 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=29955. Recuperado o 21/01/2025
DOCUMENTACIÓN SOBRE
«Marcela e Elisa. Un amor que conmoveu o mundo». Especial elaborado por A.R. López e Montse Dopico
Fonte: Galicia Hoxe. Revista das Letras, Santiago de Compostela (19-2-2009)
«Elisa e Marcela, alén dos homes». Artigo de Xosé Manuel Sarille
Fonte: El Correo Gallego, Santiago de Compostela (16-12-2008).
«El asombroso final de la boda entre mujeres de 1901 en A Coruña». Artigo de Rubén Ventureira
Fonte: La Voz de Galicia, A Coruña (14-12-2008)
«A máis extraordinaria historia de amor». Artigo de Manuel Rivas
Fonte: El País, Madrid (12-12-2008).
«Un matrimonio sin hombre I e II». Artigo de Carlos Fernández
Fonte: La voz de Galicia, A Coruña (19 e 20 de xullo 1988)
Fragmento de artigo de Emilia Pardo Bazán «Sobre ascuas»
Fonte: La Ilustración Artística (8 -7- 1901).