Heidi Kühn-Bode
Eching (Bavaria, Alemaña), 3/ 7/1945 - A Coruña, 20/5/2020Autoría: Ana Abad de Larriva
Escritora e tradutora alemá que adoptou o galego como lingua literaria
Heidi Kühn-Bode naceu en Eching, Bavaria (Alemaña), o 3 de xullo de 1945 e finou na Coruña o 20 de maio de 2020. Era filla e neta de refuxiados de Pomerania e Besarabia. Cando tiña 21 anos trasladouse a Bilbao para traballar nunha empresa como tradutora de alemán, inglés e español. Despois de catro meses marchou a Madrid para exercer como tradutora no Instituto de Estudios Hispánicos, para os correspondentes alemáns destinados alí. Durante a súa residencia na capital española, nunha manifestación en contra do réxime franquista, coñeceu o que poucos meses despois se convertería no seu marido, o galego Emilio Gundín. Tras voda, no ano 1968, trasladáronse a Galicia e establecéronse na Coruña.
Heidi tiña formación filolóxica e especializouse na obra de Henry James. Ela consideraba que a súa patria era a literatura, e en Galicia aprendeu o galego e fixo del a súa lingua literaria principal, aínda que tamén escribiu en alemán e noutras linguas, como o castelán e o inglés.
Como escritora, desenvolveuse maioritariamente como dramaturga e novelista, mais tamén escribiu poesía, sobre todo en alemán. Ela expresaba que o que máis lle gustaba escribir eran obras de teatro. Dentro deste xénero, no ano 2002 obtivo o II Premio Estornela da Fundación Neira Vilas pola peza Os mundiños, que foi publicada en 2003 por Ediciós do Castro. Ese mesmo ano, da man de Baía Edicións, converteuse tamén en libro Teatro para contistas. Xogos infantís no escenario, unha colección de seis pezas breves súas que compartían o fío común de seren presentadas por unha contista. En 2007 o número 9 da revista Casahamlet acolleu a súa obra breve As bágoas de Luise Thermann; e, dous anos máis tarde, Baía Edicións publicou o volume Tres mulleres do seu tempo, que incluía tres pezas dramáticas súas, e Editorial Galaxia incluíu na súa colección Árbore o libro coa súa peza Falou un queixo.
Como narradora foi a autora de, entre outros textos, a novela Fideliño, o carteiro, editada por Bruño no ano 1991 e dirixida ao público infantil; a novela para público adulto Pomerania meu amor, publicada por Espiral Maior no ano 2005, da que logo tamén faría unha versión en alemán e outra en castelán; e o conto E dixo fresquiño, o libro riquiño, incluído no volume colectivo Contos de vermes, libros, princesas e parrulos, editado pola Xunta de Galicia no ano 2006. Escribiu tamén outros textos literarios que permanecen inéditos, como The Garbage and Me (O lixo e mais eu), que creou en inglés no ano 1996 a bordo do barco Sirius de Greenpeace, e que logo trasladou tamén ao galego, castelán e alemán.
Como poeta participou no volume colectivo A Coruña: Á luz das letras, publicado por Editorial Trifolium no ano 2008. Ademais, desenvolveu un labor como tradutora, tendo preferencia pola lírica galega. Nesa liña, traduciu do galego ao alemán poemas de Miguel Anxo Fernán-Vello, Xulio Valcárcel, Estíbaliz Espinosa, Luz Pozo Garza, Marica Campo, María Xosé Queizán, Manuel María, María do Cebreiro, Fran Alonso ou Manuel Rivas, entre outras autoras e autores. Porén, á súa lingua natal tamén trasladou obras en prosa, como Xente de aquí e de acolá, de Álvaro Cunqueiro.
Alén diso, Heidi escribiu artigos para diferentes publicacións galegas e alemás e realizou guións radiofónicos e televisivos para Radiotelevisión Española, Radiotelevisión de Bavaria, Radio Galega e Antena 3. Dedicouse, así mesmo, durante quince anos, á docencia de inglés, e traballou como especialista en parques infantís, chegando a instalar por diferentes lugares de Galicia máis de setecentos, que tamén contribuíu a deseñar. Outro recoñecemento que recibiu foi o Premio Amicus Poloniae da revista Polen, de Varsovia, no ano 1978.
Heidi foi, xa que logo, unha muller e artista poliédrica e multidisciplinar que, como ela mesma expresaba, dentro dun só corpo, facía convivir unha pintora, unha violinista, unha nadadora, unha frautista, unha poeta, unha novelista, unha dramaturga, unha xardineira, unha tradutora, unha xornalista… O humor e o compromiso foron dous elementos que estiveron sempre presentes tanto na súa vida como na súa obra. Alén diso, tanto as persoas máis achegadas a ela como moitas que a coñeceron nas súas diferentes facetas destacaron e lembraron dela o seu carácter innovador e creativo e a calidade do seu trato, que quedaron tamén plasmados nos seus libros.

Como citar: Abad de Larriva, Ana : Heidi Kühn-Bode. Publicado o 11/12/2025 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=36363. Recuperado o 16/01/2026
DOCUMENTACIÓN DE
Artigo de Heidi Kühn-Bode publicado no número 1261 do xornal A Nosa Terra. Ver Documento. Artigo
Kühn-Bode, Heidi: «O meu primo Benedictus», A Nosa Terra, 1261 (22 ao 28 de marzo de 2007), 25.
Fonte: Consello da Cultura Galega. Fondos Documentais. A Nosa Terra.
https://consellodacultura.gal
Entrevista feita por Xan Carballa a Heidi Kühn-Bode no ano 2006, co gallo da publicación da súa novela Pomerania meu amor. Ver Documento. Artigo
Carballa, Xan: «Heidi Kühn-Bode:
Fonte: Consello da Cutura Galega. Fondos Documentais. A Nosa Terra.Veño dunha familia sarcástica e esa vea está na miña escrita», A Nosa Terra, 1250 (29 de decembro de 2006 ao 11 de xaneiro de 2007), 36.
https://consellodacultura.gal.
Iberia polyglotta: Gedichte und Kurzprosa in den Sprachen der Iberischen Halbinsel. Zeitgenössische Texte. Volume editado por Aina Torrent-Lenzen e Hans-Ingo Radatz, publicado por Lenzen no ano 2006, que inclúe poemas e prosa breve nas linguas da Península Ibérica, na súa versión orixinal e na súa tradución ao alemán; no que Heidi Kühn Bode participou como tradutora. Ver Documento
Fonte: ResearchGate.
DOCUMENTACIÓN SOBRE
«Heidi vive en Galicia». Reportaxe feita por Xurxo Lobato e Omayra Lista sobre Heidi Kühn-Bode, publicada na edición dixital do xornal El País con data do 13 de setembro de 2009. Ver Documento. Boletín
Lobato, Xurxo; Lista, Omayra: «Heidi vive en Galicia», El País, (13 de setembro de 2009).
Fonte: El país.
https://elpais.com
Ligazóns de interese
«Falece Heidi Kühn-Bode». Artigo publicado na edición dixital da Erregueté. Revista Galega de Teatro o 25 de maio do ano 2020
Fonte: Erregueté. Revista Galega de Teatro.
https://erreguete.gal
Fragmento de Fideliño, o carteiro, de Heidi Kühn-Bode
Fonte: Centro de Documentación da AELG.
https://aelg.gal
Perfil de Heidi Kühn-Bode no Centro de Documentación da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
Fonte: Centro de Documentación da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
https://aelg.gal
Ficha de Heidi Kühn-Bode na Biblioteca Virtual Galega
Fonte: Biblioteca Virtual Galega.
https://bvg.udc.es
«Heidi Kühn, o colibrí dourado». Texto da escritora Míriam Couceiro tras o falecemento de Heidi Kühn-Bode, na súa lembranza. Publicado na páxina web da editorial Galaxia, o 28 de maio de 2020
Fonte: Editorial Galaxia.
https://editorialgalaxia.gal
«Heidi, porte de hada». Artigo escrito por Lidia Soto Pineda tras o pasamento de Heidi Kühn-Bode, na súa lembranza. Publicado na edición dixital do xornal La Voz de Galicia o 25 de maio do ano 2020
Fonte: La Vo< de Galicia.
«Soy bastante gamberra». Entrevista feita por Rubén Ventureira a Heidi Kühn-Bode. Publicada no xornal La Voz de Galicia o 22 de abril de 2003
Fonte: La Voz de Galicia.
https://www.lavozdegalicia.es
Videoteca de Heidi Kühn-Bode no Centro de Documentación da AELG. Inclúe tres vídeos gravados no ano 2010: un no que falaba de por que comezou a escribir, outro no que lía un fragmento de Memoria para Xoana, de Marica Campos, e outro no que lía un fragmento da súa propia novela Pomerania, meu amor
Fonte: Centro de Documentación da AELG.
https://aelg.gal
«A escritora galego-xermana Heidi Kühn-Bode morre na Coruña». Artigo publicado no portal Cultura Galega o 25 de maio do ano 2020
Fonte: Consello da Cultura Galega. Culturagalega.gal
https://culturagalega.gal
Videos
«Anuska»: intervención de Heidi Kühn-Bode en Son Radiodifusión de Radio Fene, (26 de febreiro de 2010)
Fonte: Radio Fene. Son Radiodifusió / YouTube.com