Pablo Pérez Costanti
Santiago de Compostela (A Coruña), 2/ 12/1857 - Santiago de Compostela (A Coruña), 19/9/1938Autoría: Xosé Ramón Fandiño
Erudito infatigable como arquiveiro, paleógrafo e historiador
Foi arquiveiro municipal de Santiago, membro numerario fundador da Real Academia Galega, correspondente da de Historia, da de Belas Artes de San Fernando e recibiu a encomenda de Isabel a Católica.
En 1923, xunto a Constantino Candeira, Xesús Carro e Sebastián González García-Paz, dirixiu a investigación documental para a sección encargada da arte barroca do acabado de fundar Seminario de Estudos Galegos co que só colaborou nesta ocasión, aínda que en 1933 asinou un manifesto que solicitaba o voto favorable para o Estatuto de Autonomía de Galicia.
Arquiveiro
Pablo Pérez Costanti, home cunha frenética actividade, dedicou toda a súa longa vida aos estudos históricos: exerceu desde 1885 o cargo de arquiveiro do Concello de Santiago de Compostela, traballou no arquivo da Mitra compostelá, no do Cabido, no da confraría da Concepción, na do Rosario, no arquivo de Protocolos de Santiago, catalogou os arquivos xudiciais de Ordes, Carballo, Corcubión e Santiago e para os seus fins de investigación rexistrou gran parte dos arquivos notariais de Galicia e os municipais das cidades máis importantes. E traballou en moitos arquivos de casas señoriais, facendo notables árbores xenealóxicas dalgunhas familias nobres de Galicia.
Os seus primeiros traballos paleográficos fíxoos baixo o maxisterio de seu tío Tomás Ballesteros, que se encontraba en 1882 á fronte do Arquivo da Administración de Bens Nacionais do Partido de Santiago. De aquí pasou a poñerse á fronte do Arquivo Municipal de Santiago en 1885, substituíndo no cargo a Bernardo Barreiro de Vázquez Varela, que pasou a dirixir o da Deputación coruñesa. Pérez Costanti, nun espazo por el definido como
lóbrego, afogado e reducidoordenou meticulosamente todos os protocolos que xacían no arquivo compostelán, máis de 5770 volumes dos séculos XVI ao XIX procedentes de 364 escribáns de diferentes puntos de Galicia, dedicando cinco anos para a súa catalogación. O resumo deste inventario foi publicado, en forma de Índice, polo concello compostelán en 1892.
A súa experiencia na lectura de documentos antigos, como experto en paleografía, leva a José Luis Cabo a escribir na introdución á edición de 1993 de Notas Viejas Galicianas que a el
acudían notarios e avogados para que lles desmarallase o ilexible.
Xornalista e historiador
Xunto a Eladio Fernández Diéguez, Fernando García Acuña e Xavier Valcarce Ocampo fundou en Padrón, onde pasaba os veráns, o xornal El organillo, subtitulado Quincenario humorístico dedicado al bello sexo padronés y cesureño, que apareceu no verán de 1883. Despois pasou a titularse Periódico humorístico dedicado al bello sexo padronés y cesureño, pasando a publicarse tres veces ao mes. Imprimíase no número 80 da Rúa do Vilar, en Santiago de Compostela. Pérez Costanti publicaba poesía en castelán na sección «Melomanías» deste xornal. Ademais, colaborou en revistas e periódicos da súa época (Café con gotas, El Eco de Santiago, Diario de Galicia, Galicia Diplomática, La Patria Gallega e Revista Gallega).
Desde 1891 mantivo contactos políticos de signo republicano federal coa Asociación Regionalista Gallega e o seu órgano La Patria Gallega e coa revista Galicia, voceiro do núcleo rexionalista coruñés co que Costanti se sentía tan ligado que en 1898 non se adheriu á Liga Gallega de Santiago, dirixida por Alfredo Brañas e Cabeza de León, por considerala de inspiración católica e tradicionalista, fronte á Asociación coruñesa, máis liberal e presidida por Manuel Murguía.
Máis alá do seu labor como arquiveiro, é de salientar a súa vocación de xornalista e historiador, que iniciou publicando nos xornais locais e galegos e concorrendo a certames. Formou parte desde 1900 da redacción do xornal El Eco de Santiago, onde publicou, primeiro por entregas e despois en folleto, a Biografía del escultor Ferreiro (Santiago, 1898), que obtivera o premio do Certame Histórico León XIII de Santiago en 1897. En 1905 saíron do prelo os primeiros pregos de Notas Compostelanas correspondentes á Historia del periodismo santiagués, recuperada por José Luis Cabo en 1992 nunha reedición de Ediciós do Castro.
Polo coñecemento das fontes documentais, en 1908 organizou o Certame Histórico da Guerra da Independencia, patrocinado polo municipio de Compostela no centenario da sublevación contra a invasión francesa. E xunto con López Ferreiro, Oviedo Arce e Cotarelo Valledor foi membro da comisión organizadora da Sección Arqueolóxica da Exposición Regional Gallega, celebrada en Santiago en 1909.
Desde 1911 a 1924 publicou no Boletín da Real Academia Gallega a serie «Linajes Galicianos», artigos extractados das cartas de fidalguía gardadas no Arquivo Municipal de Santiago, que se completou con dous extensos apéndices: «Los colegiales de Fonseca» e «Los canónigos de Santiago».
No Certame internacional de Zaragoza de 1903 acadou o premioGalicia, polo seu estudo sobre «Artistas que florecieron en Galicia durante el siglo XVI», que sería a base do seu moi logrado Diccionario de artistas que florecieron en los siglos XVI y XVII (Santiago, 1930), considerada pola crítica especializada como unha das grandes obras galegas do século XX, froito deun arduo labor investigador realizado durante algúns lustros nos arquivos de Galicia, especialmente os notariais; na que dá noticias de máis de seiscentos nomes.
No Certame da Liga Rexional de Santiago de 1916 obtivo dous premios cos traballos La Universidad compostelana: su origen y desenlvovimiento e Industrias artísticas que florecieron en Santiago con anterioridad al siglo XVIII.
Aínda que algúns dos seus artigos foran publicados previamente no Diario de Galicia entre 1917 e 1921, o primeiro tomo das Notas Viejas Galicianas en libro saíu á luz en 1925 e os dous seguintes en 1926 e 1927, custeando a edición o propio autor, que tivo que facer un enorme esforzo dada a súa precaria dispoñibilidade económica. Con rigor científico e vocación divulgativa, nos capítulos das Notas Viejas Galicianas, aínda predominando os asuntos santiagueses, Costanti céntrase en artigos de contido económico, político e administrativo, arte dramática e musical, Guerra da Independencia, etc.
Fermín Bouza Brey sucedeu na cadeira da Real Academia Galega a Pérez Costanti, que tanto o orientou desde o seu cargo de arquiveiro maior do Concello compostelán. A el dedícalle Bouza Brey, na súa toma de posesión no cadeira número 9 da Real Academia en 1941, unhas sentidas palabras:Que la gloria ilumine en este rincón occidental su nombre y que su obra perdure como ejemplo de honradez intelectual entre nosotros.
BibliografíaMerino Álvarez, Abelardo (1927): «Notas Viejas Galicianas», Boletín de la Real Academia de la Historia. Madrid, 90:42-46.
Bouza Brey, Fermín (1957): «Lección y gloria de Pérez Costanti», Boletín de la Real Academia Gallega. A Coruña, 3 de decembro de 1957.
Vilanova, Alberto (1957-58): «P. Pérez Costanti», Galicia Emigrante, Bos Aires, nº 32,
Cabo, José Luis (1993): «Artesano da Historia». En Pérez Costanti, Pablo: Notas Viejas Galicianas. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
Pérez Costanti, Pablo (1992): Historia del peiodismo santiagués. Edición e notas de José Luís Cabo. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro.
Como citar: Fandiño, Xosé Ramón : Pablo Pérez Costanti. Publicado o 31/10/2023 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=7381. Recuperado o 14/05/2025

DOCUMENTACIÓN DE
Conversa de Jaime Solá con Pablo Pérez Costanti na revista Vida gallega. Ver Documento
Solá, Jaime: «Las forjas de la historia: hablando con el historiador Constatí Ballesteros», Vida gallega: ilustración regional, 419 (20 de xullo de 1929), 6-7.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Introdución de Pablo Pérez Costanti á primeira edición de Notas viejas galicianas. Ver Documento
Pérez Costanti, Pablo: Notas viejas galicianas. Vigo : [s.n.] , 1925-1927 [Imprenta de los Sindicatos Católicos]; I-II.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Desde 1911 a 1924 publicou no Boletín da Real Academia Gallega a serie «Linajes Galicianos», artigos extractados das cartas de fidalguía gardadas no Arquivo Municipal de Santiago, que se completou con dous extensos apéndices: «Los colegiales de Fonseca» e «Los canónigos de Santiago». Ver Documento. Artigo
Pérez Costantí, Pablo: «Los canónigos de Santiago: segundo apéndice a Linajes galicianos: (continuación)», Boletín de la Real Academia Gallega, 157 (1 de novembro de 1923), 15-22.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Artigo de Pérez Costanti, asinado como
El Bachiller Pérez, sobre o motín do 16 de agosto de 1709 pola carestía do gran en Santiago de Compostela. Ver Documento. ArtigoEl Bachiller Pérez [Pablo Pérez Costanti]: «Notas viejas: Un motín por la carestía de granos», Diario de Galicia: periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general, 2718 (24 de maio de 1917), 1.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal
Artigo de Pablo Pérez Costanti en Suevia: revista gallega sobre a supresión do Colexio de Fonseca. Ver Documento. Artigo
Pérez Constantí, Pablo [Pablo Pérez Costanti]: «Un voto de gracias por la supresión del Colegio de Fonseca», Suevia: revista gallega, 5 (4 de marzo de 1916), 14.
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. BIblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal
Artigo de Pablo Pérez Costanti, asinado como
Un Tuno viejo. Ver Documento. ArtigoUn Tuno viejo [Pablo Pérez Costanti]: «El concierto de ayer de la Tuna», Gaceta de Galicia: Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela, 21 (26 de xaneiro de1888), 3.
Fonte: Universidade de Santiago de Compsotela / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Pablo Pérez Costanti na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Ver Documento. Artigo
«Pérez Costanti, Pablo». En Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. 35: parc-pes. Lugo: El Progreso, D.L: 2003; 217.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Entrada de Pablo Pérez Costanti no Diccionario bio-bibliográfico de escritores, de Couceiro Freijomil. Ver Documento. Artigo
Couceiro Freijomil, Antonio: «Pérez Costanti, Pablo». En Diccionario bío-bibliográfico de escritores. III: P-Z. Santiago de Compostela: Biblióficlos Gallegos, 1954; 82.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Artigo de Jesús Rey Alvite no que trata o periodismo compostelán dos séculos XIX e XX mencionando, entre outros xornalistas, a Antolín Faraldo, Pérez Costanti e Rúa Figueroa. Ver Documento. Artigo
Rey Alvite, Jesús: «Periodismo compostela: dos siglos de existencia», El Correo gallego: diario político de la mañana, número extraordinario (25 de xullo de 1939), 38.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Artigo de Abelardo Merino sobre Notas viejas galicianas de Pablo Pérez Costanti. Ver Documento. Artigo
Merino Álvarez, Abelardo: «Notas Viejas Galicianas», Boletín de la Real Academia de la Historia, 90 (1927), 42-46.
Fonte: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
https://www.cervantesvirtual.com
Apuntamentos sobre a carreira profesional de Pérez Costanti no Arquivo Municipal de Santiago de Compostela. Expediente persoal datado entre 1893 e 1916. Ver Documento
Fonte: Arquivo Histórico Universitario (AHUS)
Expediente de Pablo Pérez Costanti.
Información sobre el El organillo, xornal satírico fundado en 1883 por Pérez Costanti. Ver Documento
Vilavedra, Dolores (ed.): «El organillo». En Diccionario da literatura galega. II: publicacións periódicas. Vigo: Galaxia; 362-363.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Ligazóns de interese
Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura, exposición conmemorativa do centenario do SEG. Cidade da Cultura, 4 de xullo de 2023 a 7 de xaneiro de 2024
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/luz-na-terra-o-seminario-de-estudos-galegos-unha-institucion-de-alta-cultura [Consulta: 2023-08-31]
Sitio web conmemorativo do centenario do Seminario de Estudos Galegos, elaborado polo Consello da Cultura Galega
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/area2.php?arq=4372 [2023-03-08]
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=35606 [Consulta: 2022-12-28]
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
«Periodismo y vida universitaria: la canallesca de Lugín y Costanti», artigo de Alexo Otero publicado na edición dixital de El Corrego Gallego, (22 de febreiro de 2021)
Fonte: El Correo Gallego
https://www.elcorreogallego.es/santiago/periodismo-y-vida-universitaria-la-canallesca-de-lugin-y-costanti-DD6500764?imageNumer=2 [Consulta: 2023-08-30]
Artigo de Alberto Vilanova sobre Pérez Costanti publicado en Galicia emigrante, 32 (1957-1958), 10-12
Fonte: http://www.albertovilanova.com/Publicaciones/articulo/108/PABLOPREZCOSTANTI195758 [Consulta: 2023-08-25]
Acceso en liña á obra Diccionario de artistas que florecieron en Galicia durante los siglos XVI y XVII de Pablo Pérez Costanti. [S.l.] : [s.n.] (Santiago : Imp. Lib. y Enc. del Seminario C. Central), 1930
Fonte: Biblioteca Digital Hispánica. BNE.
http://bdh-rd.bne.es/viewer.vm?id=0000251369&page=1 [Consulta: 2023-08-23]
Acceso en liña á obra Biografía del escultor Ferreyro de Pablo Pérez Costanti. Santiago de Compostela: Tipografía de El Eco de Santiago, 1898
Fonte: MInerva. Repositorio Institucional da USC.
http://hdl.handle.net/10347/28590 [Consulta: 2023-08-25]
Pablo Pérez Costanti na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Pablo_P%C3%A9rez_Costanti [Consulta: 2023-08-25]
Pérez Costanti na Academia Galega
Fonte: https://academia.gal/membro/-/membro/pablo-perez-costanti [Consulta: 2023-08-25]
Pablo Pérez Costanti en Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Archivo Dixital de Galicia.
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/es.ga.15030.arag/gl/consulta/registro.do?id=848978 [Consulta: 2023-08-30]
Videos
Antonio Fraguas conversa sobre o Seminario de Estudos Galegos
O 12 de outubro de 1923 un grupo de mozos universitarios trasládanse a Ortoño, parroquia natal de Rosalía, para constituír o Seminario de Estudos Galegos (SEG). Antonio Fraguas incorporaríase ao SEG uns anos máis tarde, en 1928, presentando unha investigación sobre o castro de Soutolongo. Neste vídeo vídeo divulgativo (6´ 32´´) conversa sobre o nacemento do Seminario de Estudos Galegos e os obxectivos cos que se fundou. A peza foi realizada por Acuarela Comunicación en 2019, ano no que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas a Antonio Fraguas.
Fonte: LInguaGalegaTV
https://www.youtube.com/watch?v=R6VmoRrlAys [Consulta: 2023-01-02]
As publicacións do Seminario
O Seminario de Estudos Galegos desenvolveu unha importante produción escrita, nomeadamente no que respecta a achegas científicas, aínda que no seu seo tamén se editaron contribucións literarias. Neste breve vídeo divulgativo (2´ 35´´) o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) ofrécenos unha panorámica das publicacións do Seminario, que testemuñan o firme compromiso deste grupo de intelectuais co uso do galego no ámbito académico e científico.
O reloxo do Seminario
Vídeo divulgativo (2´ 05´´) sobre o reloxo do século XVIII doado ao Seminario de Estudos Galegos (SEG) polo intelectual, político e mecenas galego Juan Arias Sanjurjo. A peza forma parte da serie de vídeos sobre a historia e o patrimonio documental e artístico do SEG, que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir este ano 2023.