María Corredoyra
A Coruña, 18/ 5/1893 - A Coruña, 17/11/1970Autoría: María Dolores Villaverde
Pintora, membro do Seminario de Estudos Galegos e da Academia de Belas Artes da Coruña
Nace en 1893 na rúa da Estreita de Santo André da Coruña. Dende moi nena mostra preferencias pola pintura fronte a outras disciplinas. Na súa familia conta con parentes directos pintores como Xesús Rodríguez Corredoyra de Castro e Xesús R. Corredoyra, mais todo parece indicar que a principal culpable da predisposición de María á pintura é a súa nai, que era unha grande afeccionada ás artes.
Empeza formándose nas clases de debuxo de don Félix Castro e, tras a morte deste, continúa aprendendo co pintor Enrique Saborit. Desa etapa son súas primeiras obras, copias de pintores da época e de cadros do Museo do Prado.
A Saborit débese que se presentara no ano 1909 á Exposición Rexional Galega, onde se lle concede a Medalla de Ouro polo seu traballo. A partir de entón participa en diversos certames, nos que acada recoñecemento e premios, en 1910 obtivo un diploma na exposición realizada en México e en 1911 triunfou en Bos Aires.
De vital importancia para a carreira da artista será a Exposición de Arte Galega no Centro Galego de Madrid en 1912, á mostra concorre con catro óleos e ten contacto coas grandes figuras da pintura e da escultura galegas.
A partir de aí vaise consolidando como pintora e en 1914 decide marchar a Madrid para completar os seus estudos baixo a dirección, primeiro, de Eduardo Chicharro e, máis tarde, de Xosé M.ª López Mezquita. A través deste último, María concorre a varios certames e mostras que se realizan en Gran Bretaña. Pouco despois decide volver a Galicia.
Das obras que irá expoñendo en Galicia dicíase: «Non é un xenio, pero pode selo». E a fama de María vai aumentando pouco a pouco.
Chega así o ano 1916, época das Irmandades da Fala e do ascenso do nacionalismo galego. Isto reflíctese tamén nas artes, de feito, a Segunda Exposición de Arte Galega de 1917 está orientada a difundir a galeguidade polo mundo e nela M.ª Corredoyra presenta cinco obras de retrato e figuras que se poden considerar de estilo rexionalista.
A partir de entón María entende que se inicia unha nova etapa na súa vida artística, considera pechada a época de aprendizaxe e intensifica a súa carreira, chegará a probar coa escultura en madeira. Nos anos vinte participa en varias exposicións fora de Galicia e na mostra de Arte Galega de Ferrol presenta o primeiro dos seus cadros de interiores, tema que irá intercalando coa figura e co retrato.
Será entre 1923 e 1926 cando teña maior actividade expositiva (ver o apartado «extras de maría») No ano 1925 xa é artista recoñecida e realiza a súa primeira exposición individual na Coruña. O éxito da pintora segue crecendo e será nomeada en 1929 Membro do Seminario de Estudos Galegos.
Pero cambia a década e chega a Segunda República. Neste contexto a ideoloxía conservadora, monárquica e cristiá de María freará a súa actividade expositiva. Tamén é evidente o cambio estético e temático da súa obra; aumenta o número de cadros de interiores e desde 1935 convértense en tema exclusivo.
En 1936, coa chegada da Guerra Civil, paralízanse as actividades artísticas, pero non é todo malo para María, este será o ano en que foi nomeada Membro directivo da Asociación de Artistas Coruñesa e no que obtén a praza de axudante de debuxo artístico da Escola de Artes e Oficios da Coruña. Un pouco máis tarde, en 1938, vai ser elixida Membro de Número da Real Academia Provincial de Belas Artes da Coruña.
Ao remate da guerra retoma afortunadamente a carreira artística e a partir de agora os interiores de convento van ser, definitiva e unicamente, o tema das súas obras.
A súa última exposición tivo lugar na Coruña en 1966. Catro anos despois falece e cae pouco a pouco no esquecemento.
Na evolución pictórica da pintora destacan dúas temáticas ben diferentes:
1ª- Desde os seus inicios ata 1922 pinta do natural, céntrase no retrato e na figuración. Nun primeiro momento retrata xente da súa familia e amigas. Logo, durante a estadía en Madrid, céntrase en retratos de tipo rexionalista. A partir de 1918 os retratos énchense de carga psicolóxica.
2ª- Desde o ano 1922, aínda que segue pintando estes xéneros e pinta bodegóns ocasionalmente, comeza a realizar interiores conventuais que, como xa se indicou, acabarán converténdose no tema exclusivo da súa obra e os que a fan máis coñecida. Neses interiores conventuais prescinde da figuración humana, son espazos baleiros cheos de melancolía nos que co paso do tempo aclara a paleta.
Como citar: Villaverde, María Dolores : María Corredoyra. Publicado o 1/1/2009 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=937. Recuperado o 21/04/2025

DOCUMENTACIÓN DE
Entrevista a María Corredoyra. Ver Documento. Entrevista
Entrevista a María del Carmen Corredoyra publicada en Finisterre, nº 29 (xuño, 1946)
Fonte: A arte inexistente. As artistas galegas do século XX, Catálogo da exposición celebrada no Auditorio de Galicia, 1995, p. 75
Cronoloxía das exposicións nas que participou María Corredoyra. Ver Documento. Cronoloxía
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Materiais da exposición Mulleres do silencio. De Maruja Mallo a Angela de la Cruz (14 outubro 2016 – 16 abril 2017). Comisaria: Rosario Sarmiento. Ver Documento
A exposición Mulleres do silencio presentou obras de Mónica Alonso, Berta Cáccamo, Elena Colmeiro, Carmen Corredoyra y Ruiz de Baro, Mª Antonia Dans, Angela de la Cruz, María Victoria de la Fuente, María Xosé Díaz, Lolita Díaz Baliño, Almudena Fernández Fariña, Mª Elena Fernández-Gago, Menchu Lamas, Maruja Mallo, Fina Mantiñán, Tatiana Medal, Julia Minguillón, Rosalía Pazo Maside, Soledad Penalta, Pamen Pereira, Beatriz Rey, Mercedes Ruibal
Fonte: marcovigo.com
ORTEGA ROMERO, María del Socorro (1992): «Dos pintoras miembros de la Real Academia Gallega de Bellas Artes de Nuestra señora del Rosario». Ver Documento
Artigo centrado nas figuras de María Corredoyra e Lolita Díaz Baliño. Publicado en MARCO, Aurora (1992): Actas do Simposio Internacional Muller e Cultura, Universidade de Santiago de Compostela, 1992
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
Artigo sobre María Corredoyra. Ver Documento. Artigo
Fonte: El Orzán : diario independiente, ano XI, n.º 3134 vía Galiciana. Para facilitar a lectura o documento fornecido foi extractado e recomposto dixitalmente a partir dunha prancha escaneada.
Artigo sobre unha exposición na que participa María Corredoyra. Ver Documento. Artigo
Artigo «La tercera Exposición de Arte Gallego en La Coruña» publicado nun xornal coruñés.
Fonte: El Noroeste, nº 12.252 (1923) vía A arte inexistente. As artistas galegas do século XX, catálogo da exposición celebrada no Auditorio de Galicia, 1995, p. 68
Ligazóns de interese
Mulleres no Seminario de Estudios Galegos, especial realizado polo Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF)
Fonte: CDIF http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=211
Acceso ao catálogo da exposición A arte inexistente: as artistas galegas no século XX. Santiago de Compostela: Auditorio de Galicia, 1995
María Corredoira na wikipedia
[última consulta: 24/11/2021]
María Corredoyra no web da Real Academia de Historia
[última consulta: 24/11/2021]
María Corredoyra en acoruñadasmulleres
[última consulta: 24/11/2021]
Videos
As mulleres do Seminario
Malia que os membros do Seminario de Estudos Galegos eran maioritariamente homes, temos constancia documental de que algunhas mulleres (Carmen Sierra, Luisa Cuesta, Pura Lorenzana, María Corredoira, Dolores Lorenzo, Elvira Santiso, Sara Leirós...) tiveron tamén un papel destacado nas actividades científicas e culturais do SEG. Este vídeo divulgativo (3´ 17´´) é unha homenaxe a todas elas. A peza foi elaborada polo Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) en 2023, con motivo da celebración do centenario do SEG.
Referencias bibliográficas
- COUSELO BOUZAS, J., La pintura gallega, Moret, Coruña, 1950.
- GARRIDO MORENO, A., “Mª Do Carmo Corredoira”, en Artistas galegos. Pintores. Rexionalismos III, Vigo, Nova Galicia Edicións, 1999, p. 60-72.
- LIAÑO PEDREIRA, M.ªD. e SOBRINO MANZANARES, M.ªL., Catálogo del patrimonio artístico de la Diputación de A Coruña, I. Pintura y escultura, A Coruña, Deputación Provincial, 1991.
- LÓPEZ VÁZQUEZ, J.M., “Del 98 a la II república: la época del regionalismo”, en Galicia Arte, XV, A Coruña, Hércules, 1993.
- MON, F., “María del Carmen Corredoira y Ruiz de Baró”, en Gran Enciclopedia gallega, v. 7, Santiago de Compostela, Silverio Cañada, 1974.
- PEREIRA BUENO, F., A presenza das mulleres pintoras na arte galega: 1858-1936, Sada, Ediciós do Castro, 2004.