Luisa Cuesta Gutiérrez
Medina de Rioseco, 19/ 8/1892 - Madrid, 1/9/1962Autoría: Lourdes Pérez González
A última directora republicana da Biblioteca Nacional
Nota:
Ademais das monografías citadas na bibliografía, na elaboración desta biobibliografía consultáronse os Expedientes Personales da Biblioteca Nacional de Madrid, os Expedientes de Depuración do Archivo General de la Administración de Alcalá de Henares e os Expedientes do Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela.
Luisa Cuesta Gutiérrez obtén o título de mestra superior na Escuela Normal de Valladolid. Exerce de mestra na escola de Campos da mesma provincia entre 1919 e 1920. Pide logo unha excedencia para incorporarse como docente á Facultade de Filosofía e Letras da UVA. En 1921 accede, por oposición, ao Cuerpo Facultativo de Archiveros, Bibliotecarios y Arqueólogos, tendo como primeiro destino a Biblioteca Universitaria da USC onde permanecerá ata 1930, ano en que se doutora en Historia pola UVA e se traslada a Madrid.
Na súa estadía en Galicia, a máis de impartir docencia na Facultade de Filosofía e Letras e de manter relacións co Seminario de Estudos Galegos, realiza traballos de catalogación e publica estudos dedicados a diferentes cuestións. Interésase especialmente por temas americanistas, sobre todo os relacionados coa colonización e emigración, o que a leva a prestarlle especial atención ao rico fondo da Biblioteca América da USC e a facer unha viaxe a Arxentina para coñecer os Archivos de la Nación. Nestes anos tamén vai ser galardoada con varios premios. A Facultade de Ciencias outórgalle o `voto de graza' en 1923. En 1929 obtén: o Premio Duquesa de Alba por El Feminismo y sus orientaciones actuales; e, o Premio Sr. Yagüas Messía por Las riquezas de la Provincia de Jaén. Recibe tamén o Premio do Presidente de Arxentina e o do Monarca Alfonso XIII por La Universidad gallega: su pasado, su presente, su porvenir e Galicia en la historia de América.
No ano 1930 ten como destino a Biblioteca Nacional de Madrid (BN) e continúa co seu labor investigador publicando algunha das súas obras en imprentas estranxeiras. Exemplos disto son: o seu estudo La imprenta en Santiago de Compostela publicado en 1932 en Alemaña, traballo inxustamente menosprezado polos modernos editores e historiadores da imprenta; e un artigo sobre as mulleres españolas e a figura de María Lejarraga de Martínez Sierra publicado en 1934 na Arxentina.
O alzamento fascista de 1936 contra a República é un momento de inseguridade e parálise da cultura. Neste campo, unha das primeiras medidas adoptadas polo goberno republicano é a disolución da Junta Facultativa de Archivos, Bibliotecas y Museos e o inmediato nomeamento dunha Comisión Gestora del Cuerpo Facultativo de Archivos, Bibliotecas y Museos. Esta Comisión Gestora, está presidida por Tomás Navarro Tomás, ten como secretario a Juan Vicens e como vogais a Luisa Cuesta, Teresa Andrés, José Tudela, Francisco Rocher, Ricardo Martínez e Ramón Iglesias. Encárgaselles a elaboración dun Plan de reorganización do Cuerpo Facultativo de Archivos, Bibliotecas y Museos na maior brevidade posible a fin de que, xunto coa Junta de Defensa del Tesoro Artístico, se dediquen á confección de inventarios e embalaxes dos bens e bibliotecas incautadas. A BN está entre os obxectivos da aviación fascista e, ante a ameaza de bombardeos, a Comisión dota á BN de medidas de seguridade. O temido ataque prodúcese o 28 de novembro do 36. É entón cando os exemplares máis valiosos son enviados a Valencia e os fondos son depositados nas cámaras acoirazadas da propia biblioteca ou trasladados á sede da Sociedade de Nacións en Xenebra.
A actuación de Luisa Cuesta na Comisión caracterizouse pola moderación. Chega a protexer individuos que, como J. Tudela, se afastan da obediencia e lealdade ao goberno. Isto custoulle enfrontamentos con outros membros da Comisión, que se saldaron, no seu caso, con detención e sanción. A pesar disto, debía ser considerada como profesional moi competente xa que, cando se crea o Consejo Central de Archivos Bibliotecas y Tesoro Artísticos no verán do 37, é nomeada Directora da paralizada e sitiada BN.
A vitoria fascista leva consigo un proceso de persecución e purga especialmente asañada coas persoas implicadas na protección do patrimonio. A denuncia de Luisa Cuesta é interposta por Ernesto de la Gala Llena, que a acusa de persoa contraria ao Movimiento Nacional, comunista e masona. Ábreselle entón un expediente no que se inclúe unha defensa na que ela, para triste satisfacción dos seus delatores e represores, amosa acenos de autodegradación e desconcerto. Mentres dura este proceso, Luisa é destinada á Biblioteca Pública de Guadalajara e finalmente é sancionada con redución de soldo e traslado forzoso á Biblioteca Pública e ao Arquivo da Delegación de Facenda da mesma cidade durante un ano. Pasado ese tempo, permíteselle regresar a Madrid e, aínda que pide a readmisión na BN, é destinada á Escuela de Peritos Industriales onde permanecerá ata 1945, ano no que conta cun informe favorable do Ministerio e se procede a súa readmisión na BN á fronte da Xefatura da Sección de Hispanoamérica. Permanecerá neste posto ata a súa xubilación en 1962.
Pero a sombra do pasado é moi longa. Vive e traballa marxinada. As viaxes de estudo convértense no seu osíxeno intelectual e vital. No ano 1947 obtén, a través do Instituto Nicolás Antonio do CSIC, unha axuda para unha estadía nas Bibliotecas de Porto, Mafra, Lisboa e Villaviciosa. Logo virán as estadías en Bibliotecas de Francia, Italia, Bruxelas e de novo Portugal, que aproveita para as súas pescudas e formación, e que sempre precisaron da aprobación do Director Xeral de Seguridade da BN (descoñecese se isto era un requisito obrigado para todo o funcionariado).
Luisa Cuesta vai ser ademais a única muller galardoada en dúas ocasións co Premio Bibliográfico Nacional do Ministerio de Educación. Este conta cunha escasa gratificación económica, con dereito a recoñecemento profesional e coa posibilidade de publicación dos traballos galardoados: - La imprenta en Salamanca, obra moi polémica e que merecera os ataques de Riesco, destacado membro do tribunal e director da Biblioteca Universitaria de Salamanca; e, - La imprenta en Burgos: obra que realiza co seu compañeiro Justo García Morales. Estas obras, porén, quedaron inéditas nas gabetas do Ministerio e só sairán á luz moito tempo despois, por iniciativa da súa autora. Quizais, este acalamento sexa o derradeiro episodio da súa purga.
Entre 1945-1962 deu ao prelo diversos traballos en España, Alemaña e Arxentina. Todos eles de historia e da súa especialidade: bibliotecas, arquivística e historia do libro e da imprenta. O seu celebrado Catálogo de obras iberoamericanas y Filipinas de la Biblioteca Nacional segue a ser un texto de referencia na actualidade.
OBRA
Debido a súa extensión, ofrecemos a obra de Luisa Cuesta nun documento PDF no apartado "Extras de Luisa"
AGRADECEMENTOS
Enrique Pérez Boyero
Archivo de la Biblioteca Nacional de Madrid
Archivo General de la Administración de Alcalá de Henares
Como citar: Pérez González, Lourdes : Luisa Cuesta Gutiérrez. Publicado o 1/1/2009 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=980. Recuperado o 20/03/2025

DOCUMENTACIÓN DE
Artigo de Luisa Cuesta Gutierrez. Ver Documento
Obra de Luísa Cuesta Gutiérrez. Ver Documento
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Elisa Díaz Rivas é unha das científicas estudadas no artigo «Profesoras en la Universidad. El tránsito de las pioneras en España», de Consuelo Flecha. Ver Documento. Artigo
Flecha García, Consuelo: «Profesoras en la Universidad. El tránsito de las pioneras en España», Arenal, 17:2 (xullo-decembro de 2010), 255-297.
Fonte: Universidad de La Rioja. Dialnet.
https://dialnet.unirioja.es/
Marinello, Juan (1898-1977). Cultura en la España republicana. New York, Spanish Information Bureau, 1937. Reprod. facs. Dixital da ed. en microfilm da: Southworth Spanish Civil War Collection.. Ver Documento
Junta Central del Tesoro Artístico (España). Propaganda Cultural. Valencia, Junta Central del Tesoro Artístico, 1937. Reprod. facs. Dixital da ed. en microfilm da: Southworth Spanish Civil War Collection. Ver Documento
Junta Central del Tesoro Artístico (España). Protección del Tesoro Bibliográfico Nacional: réplica a Miguel Artigas. Valencia, Junta Central del Tesoro Artístico, 1937. Reprod. facs. Dixital da ed. en microfilm da: Southworth Spanish Civil War Collection. Ver Documento
Bibliothèques du fronte t de l’arrière en Espagne républicaine, 1937-1938. Barcelona, Editions espagnoles, [s.a.]. Reprod. facs. Dixital da ed. en microfilm da: Southworth Spanish Civil War Collection. Ver Documento
Junta Central del Tesoro Artístico. La Biblioteca Nacional de Madrid bombardeada. Valencia, Junta Central del Tesoro Artístico, [s.a.]. Reprod. facs. Dixital da ed. en microfilm da: Southworth Spanish Civil War Collection. Ver Documento
Ligazóns de interese
Entrada de Luisa Cuesta, tía materna de Pilar Vázquez Cuesta, no Álbum de Mulleres
Pérez González, Lourdes: «Luisa Cuesta Gutiérrez: a última directora republicana da Biblioteca Nacional», en Álbum de Mulleres, Consello da Cultura Galega, http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=189 (consulta: 2021-05-03)
Revista de biblioteconomia i documentació, Barcelona, Col.legi Oficial de Bibliotecaris-Documentalistes de Catalunya. Item 44 (2006, setembre-desembre)
[última consulta: 29/06/2021]
Videos
Antonio Fraguas conversa sobre o Seminario de Estudos Galegos
O 12 de outubro de 1923 un grupo de mozos universitarios trasládanse a Ortoño, parroquia natal de Rosalía, para constituír o Seminario de Estudos Galegos (SEG). Antonio Fraguas incorporaríase ao SEG uns anos máis tarde, en 1928, presentando unha investigación sobre o castro de Soutolongo. Neste vídeo vídeo divulgativo (6´ 32´´) conversa sobre o nacemento do Seminario de Estudos Galegos e os obxectivos cos que se fundou. A peza foi realizada por Acuarela Comunicación en 2019, ano no que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas a Antonio Fraguas.
Fonte: LInguaGalegaTV
https://www.youtube.com/watch?v=R6VmoRrlAys [Consulta: 2023-01-02]
As pioneiras do Seminario
No ano no que se conmemora o centenario do Seminario de Estudos Galegos (1923-2023), o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) quere darlle visibilidade nesta peza divulgativa (2´ 24´´) ao importante labor das "pioneiras", un numeroso grupo de usuarias e mecenas da súa biblioteca que, xunto ás doce socias activas, contribuíron de xeito decisivo ao coñecemento cultural e científico.
As publicacións do Seminario
O Seminario de Estudos Galegos desenvolveu unha importante produción escrita, nomeadamente no que respecta a achegas científicas, aínda que no seu seo tamén se editaron contribucións literarias. Neste breve vídeo divulgativo (2´ 35´´) o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) ofrécenos unha panorámica das publicacións do Seminario, que testemuñan o firme compromiso deste grupo de intelectuais co uso do galego no ámbito académico e científico.
As mulleres do Seminario
Malia que os membros do Seminario de Estudos Galegos eran maioritariamente homes, temos constancia documental de que algunhas mulleres (Carmen Sierra, Luisa Cuesta, Pura Lorenzana, María Corredoira, Dolores Lorenzo, Elvira Santiso, Sara Leirós...) tiveron tamén un papel destacado nas actividades científicas e culturais do SEG. Este vídeo divulgativo (3´ 17´´) é unha homenaxe a todas elas. A peza foi elaborada polo Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) en 2023, con motivo da celebración do centenario do SEG.
O reloxo do Seminario
Vídeo divulgativo (2´ 05´´) sobre o reloxo do século XVIII doado ao Seminario de Estudos Galegos (SEG) polo intelectual, político e mecenas galego Juan Arias Sanjurjo. A peza forma parte da serie de vídeos sobre a historia e o patrimonio documental e artístico do SEG, que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir este ano 2023.
Referencias bibliográficas
- CALVO, B. e SALAVERRÍA, R. (ed.), Biblioteca en guerra, Madrid, Biblioteca Nacional, 2005.
- DELGADO CASADO, J., “Cuesta Gutierrez, Luisa”, en Un siglo de Bibliografía en España : los concursos bibliográficos de la Biblioteca Nacional (1857-1953), Madrid, Ollero y Ramos Editores, 2001, p. 335-344.
- RUIZ CABRIADA, A., “Cuesta Gutiérrez, Luisa” en Bio-bibliografía del Cuerpo Facultativo de Archiveros, Bibliotecarios y Arqueólogos 1858-1958, Madrid, Junta Técnica de Archivos, Bibliotecas y Museos, 1958, p. 246-249.
- VV.AA., SIC vos non vobis: 150 años de Archiveros y Bibliotecarios, Madrid, Biblioteca Nacional, 2008.
Publicacións periódicas
Boletín de la Biblioteca América de la Universidad de Santiago de Compostela (1910-1936) .
Libros do ccg sobre Luisa Cuesta Gutiérrez
La emigración gallega a América.
2021 | Luisa Cuesta Gutiérrez, Autoría.