
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Premio Extraordinario de Licenciatura e Premio "Calvo Sotelo" ao mellor expediente académico. Realizou a súa tese de doutoramento nesta universidade sobre “La publicidad de tono excluyente”, galardoada co Premio Nacional “Doctor Adolfo Muñoz Alonso”. Ampliou os seus estudos de Dereito Industrial, Competencia Desleal no Instituto Max-Planck de Dereito Industrial de Múnic.
É catedrático de Dereito Mercantil da Universidad Complutense de Madrid e exerce como avogado, especialista en dereito da propiedade industrial, dereito da propiedade intelectual, competencia desleal e publicidade, dereito da contratación e dereito da empresa.
É académico correspondente da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación e tamén da Real Academia de Farmacia de Galicia. Foi bolseiro, vogal do padroado e actualmente secretario da Fundación Barrié, que lle concedeu a súa Medalla de Prata.
É coautor do anteproxecto de Lei xeral de publicidade, así como doutros anteproxectos de Lei da Comunidade Autónoma de Galicia. Ademais, é autor o coautor de quince libros e máis dun centenar de artigos doutrinais.