Presentación de <cite>Afonso X e Galicia</cite> | Texto. Presentación | Consello da Cultura Galega
Texto. Presentación

Presentación de Afonso X e Galicia

03/04/2020
O 4 de abril de 1284 morreu Afonso X, coñecido como o Sabio. Pasou a historia como o rei de Castela entre 1252 e 1284 pero tivo unha intensa relación coa cultura galega. Precisamente sobre esta relación afondará unha exposición que o Consello da Cultura Galega está a preparar e que contará co comisariado de Antoni Rossell. Aproveitamos o cabodano para recuperar algúns materiais que dan conta desa singular figura. Entre eles, as publicacións que conteñen a edición facsimilar e a transcrición do códice de Toledo da Cantigas de Santa María; cortes de audio coa interpretación musical das Cantigas e a reprodución en 3D da virxe abrideira de Allariz que consideran pertenceu á muller do monarca, a raíña Violante.
Descrición Presentación do proxecto web
Tipo de material
Texto. Presentación
Data
03/04/2020
Medidas
119 palabras
Ficha descritiva
Texto nativo dixital