Carlos Velo conversando cos seus amigos Luis Buñuel, Jeanne Rucar e Gabriel García Márquez, ca. 1970 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Carlos Velo conversando cos seus amigos Luis Buñuel, Jeanne Rucar e Gabriel García Márquez, ca. 1970

Gabriel García Márquez (Fotografado/a) · Carlos Velo (Fotografado/a) · Luís Buñuel (homenaxeado/a)
En 1939 Carlos Velo, cun salvoconduto do exército republicano, pasou a Francia como refuxiado e acabou no campo de concentración de Saint-Cyprien. Grazas aos irmáns Fernando e Susana Gamboa, embarcou rumbo a México no vapor Flandre. Á súa chegada, Velo asume a secretaría xeral do Comité Técnico de Ayuda a los Republicanos Españoles.
En 1942 colaborará na fundación da revista Saudade xunto a Xosé Caridad Mateo, Florencio Delgado Gurriarán e Ramiro Illa Couto e, en 1959, da revista Vieiros. Mentres desenvolve unha destacada carreira no cine mexicano, non perde contacto coa colectividade galega exiliada e participa na fundación do Padroado da Cultura Galega ou preside a delegación do Consello de Galiza en México.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Localizacións
orixe: México D. F., México
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega