Inauguración do II Curso de Iniciación Cultural Galega organizado pola Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA), Bos Aires, 1957 | Documento. Fragmento de publicación impresa | Consello da Cultura Galega
Documento. Fragmento de publicación impresa

Inauguración do II Curso de Iniciación Cultural Galega organizado pola Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA), Bos Aires, 1957

00/00/1957
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Baixo o título de «Actividad cultural. Los cursos de “AGUEA”» podemos ler na revista Galicia Emigrante unha recensión da inauguración do curso de cultura galega que organiza a Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas. Esta sociedade foi fundada en Bos Aires o 22 de xuño de 1956 por un grupo de intelectuais galegos de gran prestixio no seo da colectividade emigrada, entre os que se atopaban Antonio Baltar —quen foi o seu primeiro presidente—, Eduardo Blanco-Amor, Xosé Núñez Búa, Emilio Pita, Xavier Bóveda, Rafael Dieste, Luís Seoane ou Ramón de Valenzuela.
Tiña como finalidade principal a difusión e defensa da cultura galega na capital arxentina, tal como se especifica no seu regulamento: «promover o estudo, desenvolvemento, perfeccionamento e exercicio do idioma galego [e difundir] obras de todo autor que signifiquen unha exaltación para Galicia ou un enriquecemento do seu acervo cultural ou das súas posibilidades vitais». Xa no seu primeiro ano organizou un Curso de Iniciación Cultural Galega, con clases de xeografía, historia, lingua e literatura galegas, impartidas en galego por Eduardo Blanco-Amor, Alberto Vilanova e Ramón de Valenzuela, e que contaron cunha grande asistencia de alumnado das novas xeracións.
Tipo de material
Documento. Fragmento de publicación impresa
Data
00/00/1957
Publicacións
Entidades
Mención: Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA)
Localizacións
orixe: Bos Aires, Arxentina
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega