“especiais” do CCG

Centro Galego da Habana. Presenza de Galicia en Cuba

Grupo de alumnos do Plantel Concepción Arenal, A Habana, 1923

A Sección de instrución do Centro Galego da Habana foi creada en febreiro de 1880, para atender a unha das principais finalidades da entidade. O plantel de ensino tiña matriculados a 109 alumnos, que en 1885 pasaron a ser 686. Dita cifra elevouse a 1.464 discentes en 1890. O Centro Galego chegou a atender a 1.883 alumnos en 1894, dos que 199 eran mulleres. En 1904 os alumnos sumaban 3.000 e en 1930 a media de matriculados foi de 2.500 por curso.

Compartir: