Casa de saúde La Benéfica, A Habana, 1906
Na asemblea de socios do ano 1885 varios socios presentaron unha moción pedindo asistencia médica gratuíta para todos os asociados enfermos. A idea foi aprobada por unanimidade e introducida no regulamento social da entidade. Meses máis tarde a sociedade contratou as casas de saúde «Integridad Nacional», «Garcini» e «La Benéfica» para a atención dos asociados enfermos. Coa crecente necesidade asistencial en 1892 contrátase ademais a denominada «Quinta del Rey».


