Pavillóns de labores médicas e cura de enfermos de La Benéfica, A Habana, 1907
A finais de 1893 o Centro Galego merca por 30.000 pesos ouro a casa de saúde La Benéfica, converténdose co paso de tempo nun referente hospitalario para os habitantes da illa de Cuba. Nos anos 20 a súa extensión chegou a ser de seis rueiros, ocupando todo o barrio habaneiro de Concha.


