“especiais” do CCG

Centro Galego da Habana. Presenza de Galicia en Cuba

Salón de baile do palacio do Centro Galego da Habana, ca. 1914

A través desta imaxe pódese observar o carácter imponente e solemne das estancias do palacio. Vemos un dos salóns de baile no que se celebraban cerimonias (bailes, banquetes) e reunións das distintas sociedades con sede no palacio. O edificio de catro pisos, ademais dun teatro, dispoñía de dous grandes salóns de baile, un casino, varias salas de reunións, oficinas, caixa de aforros, restaurantes e cafeterías.

Compartir: