Recibo de pagamento da cota de socio do Centro Galego, 1948
Presentando este recibo xunto co carné de socio, calquera persoa podía exercer o seu dereito de acceder aos servizos prestados pola sociedade: uso do palacio social, cobertura sanitaria en La Benéfica, a matrícula escolar no Plantel Concepción Arenal entre outros.


