Un pequeno descanso no medio da xornada laboral, Eaton Place, Londres, ca. 1970
Joaquín Goce (o da esquerda na imaxe) é natural de Baíña (Baiona) e emigrou coa súa dona, Mª Isabel Ulbeira, cara a Inglaterra. Nun principio desempeñaron xuntos tarefas de servizo doméstico nun convento, xunto a unha ducia de paisanos da terra que xa levaban alí un tempo. Finalmente, Joaquín desmarcouse desa ocupación para traballar como celador no Royal Hospital and Home for Incurables Putney.


