Unha ollada á correspondencia de Dona Emilia

O fondo epistolar que se presenta consta de 156 cartas enviadas e recibidas entre os anos 1879 e 1917, atesouradas no arquivo da Real Academia Galega. Nela podemos coñecer cartas con destacados intelectuais, na planificación das torres de Meirás, coa súa amiga Carmen Miranda ou mesmo borradores de cartas ao rei Afonso XIII.
Un monográfico sobre Emilia Pardo Bazán na Festa da palabra silenciada

En 1989, a emblemática revista feminista Festa da palabra silenciada dedicou o seu número 6 de maneira monográfica á figura de Emilia Pardo Bazán. No número participaron figuras como Marina Mayoral, Camiño Noia, Encarna Otero, Pilar García Negro, Marilar Aleixandre ou María Xosé Queizán, entre moitas outras. Podes descargar o exemplar en A Saia, o arquivo de publicacións periódicas feministas e LGBTIQ+ do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF).


