Foro de debate sobre a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias

Foro.

Foro de debate sobre a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias

29 e 30 de xuño de 2017
Santiago de Compostela
Foro

Foro de debate sobre a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias

29 e 30 de xuño de 2017 Santiago de Compostela

En 1992, o Consello de Europa aproba a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias, considerado o instrumento legal máis relevante para a protección e a promoción das linguas minoritarias en Europa. O tratado entrou en vigor en 1998, unha vez que foi ratificado por cinco estados.


Xa que logo, este 2017 celébranse os 25 anos da súa aprobación, período suficientemente extenso como para poder avaliar a súa repercusión e a súa actualidade. É neste contexto no que o Consello da Cultura Galega, coa colaboración do Consello de Europa, organiza o Foro de debate sobre o impacto da Carta no Estado español. O principal obxectivo deste evento, que terá lugar en Santiago de Compostela os días 29-30 de xuño de 2017, consiste en abrir un espazo para a reflexión respecto do cumprimento dos compromisos adquiridos nos artigos 7 a 13 da Carta. Para tal fin, o Foro conta con representantes de cada unha das linguas rexionais ou minoritarias cubertas pola Carta, isto é, en orde alfabética: amazige, árabe ceutí, aragonés, aranés, asturiano, caló, catalán (Aragón, Cataluña, Illas Baleares, Murcia e País Valencià), éuscaro (Navarra e País Vasco), fala, galego (Asturias, Galicia, Castela e León), leonés e portugués (Estremadura).


Alén do aniversario sinalado, convén sinalar que o Foro ten lugar a poucos meses de que o Estado español remita ao Consello de Europa o seu quinto informe sobre o cumprimento da Carta para o período 2014-2016. Coa recepción dese quinto informe comezará o proceso de monitorización establecido na propia Carta. Por iso, desexamos que o Foro poida ser aproveitado na reflexión e na acción das políticas públicas a prol das linguas minoritarias.

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (40 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia ao Foro.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75 % das sesións.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca

Programa
Prensa