Encontro - VIII Encontros para a Normalización Lingüística. 20 - 22 de xaneiro de 2005

VIII Encontros para a Normalización Lingüística

Encontros para a normalización Encontro

VIII Encontros para a Normalización Lingüística

20 - 22 de xaneiro de 2005
Santiago de Compostela
Encontro
Encontros para a normalización

VIII Encontros para a Normalización Lingüística

20 - 22 de xaneiro de 2005 Santiago de Compostela
>Os Encontros pola Normalización Lingüística constitúen o único foro regular, convocado anualmente, para o estudo, a reflexión e o debate sobre os problemas da promoción social do idioma. Nesta VIII edición os temas máis salientables que se tocarán son tres: no apartado de novas tecnoloxías, os recursos lingüísticos en rede; na análise de ámbitos cruciais para a normalización , a situación sociolingüística e mais o papel dos medios de comunicación; en canto a iniciativas de relevo, o Plano Xeral de Normalización Lingüística aprobado recentemente polo Parlamento de Galicia. Así, na primeira xornada presentaranse corpora lingüísticos e fondos lexicográficos en rede e debaterase sobre a lingua; tamén se ofrecerá unha panorámica sobre a evolución da situación do idioma galego, a partir da comparanza dos datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia (1992) cos contidos na enquisa recén publicada polo Instituto Galego de Estatística (2003). A segunda xornada dedicarase de xeito monográfico ao PXNL, coa participación de expertos que o elaboraron, representantes e responsables políticos e axentes sociais. Como novidade, nesta edición dedicarase unha terceira xornada á presentación de investigacións sociolingüísticas recén culminadas ou en marcha. En definitiva, nos VIII Encontros pola Normalización preténdese tocar os aspectos que en cada momento sentimos como máis acuciantes, ofrecendo análises actualizadas, creando ferramentas de apoio e para a formación e abrindo perspectivas de futuro para o noso idioma.