Da animación sociocultural á cultura colaborativa

Ciclo. Xornadas de mediación cultural

Da animación sociocultural á cultura colaborativa

Conceptos, debates e boas prácticas de participación cidadá en cultura

Martes, 9 de abril de 2019
Santiago de Compostela
Ciclo
Xornadas de mediación cultural

Da animación sociocultural á cultura colaborativa

Conceptos, debates e boas prácticas de participación cidadá en cultura

Martes, 9 de abril de 2019 Santiago de Compostela

A mediación cultural é un concepto polisémico que remite a un conxunto de prácticas que buscan facilitar o acceso a un determinado coñecemento cultural (artístico, patrimonial, antropolóxico) por parte de persoas e colectivos non expertos na materia. Na súa versión máis ambiciosa, persegue fomentar a produción de coñecemento colectivo mediante a participación activa da comunidade. Para abordar esta cuestión tan ampla e abranguinte, a Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega organiza un ciclo de catro xornadas nas que se tratarán diferentes liñas de traballo agrupadas en catro eixes.


I. A animación sociocultural, a cultura colaborativa e todas aquelas fórmulas que procuran a participación da cidadanía no feito creativo.
II. NTIC: o presente e a potencialidade das novas ferramentas e dispositivos dixitais para o achegamento de contidos culturais e artísticos.
III. Patrimonio, turismo e centros culturais: a elaboración de relato, o deseño de experiencias, as técnicas de programación cultural e a relación cos públicos. 
IV. Medios de comunicación: o papel da prensa, televisión, radio e outras canles como escaparates da oferta cultural dun territorio. 


O obxectivo xeral das Xornadas de Mediación Cultural é trazar unha panorámica e estimular o debate sobre aquelas disciplinas académicas ou profesionais que se centran en facilitar o acceso da cidadanía á cultura e/ou en propiciar a participación cidadá no feito creativo.

O obxectivo específico da primeira xornada, dedicada á animación sociocultural (ASC) e á cultura colaborativa, é contrastar os marcos teóricos e as metodoloxías empregadas por ambos os enfoques, así como mostrar un abano de boas prácticas. Para iso, analizaremos a xénese e evolución da animación sociocultural no contexto español da man de Jaume Colomer. Profesor da Universidade de Barcelona e experto en historia da educación e en xestión cultural, explicará as claves do nacemento e implantación da animación sociocultural en España, así como os principais debates disciplinares que deron pé ás diversas interpretacións e correntes que podemos atopar no presente. Jaron Rowan, ensaísta especializado en economía da cultura e unha das voces máis estimulantes do momento, afondará nos alicerces teóricos da cultura colaborativa, sustentada en conceptos como o procomún e a innovación social, e que está a impulsar novas prácticas de acceso da cidadanía á cultura. Finalmente, revisarase a evolución da política cultural dun concello galego de tamaño medio na última década: da programación cultural institucional á mediación cun crecente ecosistema cultural amador. Alberto García, técnico municipal do concello de Boiro, explicará o proceso no seu marco teórico e Ana Moreiras presentará un exemplo concreto: o festival de cinema escolar Olloboi, que ela dirixe.

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.

LUGAR

LUGAR:
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca

Ficha técnica 
Ciclo.
Xornadas de mediación cultural
Da animación sociocultural á cultura colaborativa
Conceptos, debates e boas prácticas de participación cidadá en cultura
Cando
Martes, 9 de abril de 2019
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR:
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Marcos Lorenzo
Inauguración
Rosario Álvarez
Carmen García Mateo
Modera
Marcos Lorenzo
Participante
Alberto García
Ana Moreiras
Relator/a
Jaume Colomer
Jaron Rowan
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Lingua, Literatura e Comunicación (CCG)