Encontro - Epigraphica 3.0. Martes, 2 de xullo de 2019

Epigraphica 3.0

Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural Encontro

Epigraphica 3.0

Martes, 2 de xullo de 2019
Santiago de Compostela
Encontro
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

Epigraphica 3.0

Martes, 2 de xullo de 2019 Santiago de Compostela

Esta reunión ten como obxecto presentar os resultados da investigación e as principais contribucións en materia de preservación e socialización do patrimonio epigráfico galego de época romana pertencentes ao proxecto “Epigraphica 3.0: Cara á creación e deseño dun corpus dixital de inscricións romanas da provincia de Ourense”. Financiado pola Xunta de Galicia (2017-2019) e concibido como unha ferramenta innovadora ao servizo da investigación histórica, a accesibilidade dunha parte dos bens culturais galegos, e a planificación de políticas patrimoniais orientadas á súa conservación e posta en valor, Epigraphica 3.0 aplicou por vez primeira de forma sistemática as tecnoloxías dixitais nos estadios de documentación, análise e difusión das inscricións romanas de Galicia, en concreto da provincia de Ourense. O resultado é un corpus en liña e en open access que combina o uso da metodoloxía epigráfica tradicional co emprego de novas ferramentas ao servizo da investigación epigráfica: a fotogrametría SfM, o modelado 3D, o procesamento dixital de imaxes, o desenvolvemento dunha base de datos relacional e a programación web. Todo iso permite un acceso universal e interactivo á información epigráfica mediante un motor de busca avanzada, un visor cartográfico e un visor de modelos 3D, así como a descarga da información textual e gráfica de cada inscrición. No ámbito da preservación do patrimonio cultural, Epigraphica 3.0 procura paliar algúns dos efectos negativos que certos problemas estruturais, como o despoboamento e o envellecemento demográfico, e de investigación epigráfica, como a mala lexibilidade das inscricións en granito, ocasionan no coñecemento e a conservación das epígrafes romanas, establecendo unhas bases documentais máis sólidas e precisas para a realización de futuras investigacións históricas sobre a presenza romana en Galicia.

Programa
Epigraphica 3.0
Programa en PDF
Temáticas
Ficha técnica 
Encontro
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural
Epigraphica 3.0
Cando
Martes, 2 de xullo de 2019
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Rebeca Blanco Rotea
Relator/a
Miguel Carrero Pazos
David Espinosa Espinosa
Pedro López Barja de Quiroga
Borja Paz Rodríguez
Inauguración
Rosario Álvarez Blanco
Teresa Nieto Freire
Sandra Quintas Vázquez
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)