REFLEXIÓNS INSPIRADORAS

Xestión e políticas culturais nos concellos. Retos ante a Covid-19

REFLEXIÓNS INSPIRADORAS

Xestión e políticas culturais nos concellos. Retos ante a Covid-19

28 de maio de 2020
Santiago de Compostela
Ciclo en liña
Esta segunda sesión do ciclo está moderada por Marián Fernández, xestora cultural en O Cable Inglés e contamos coa participación de Mª Camino Barcenilla Tirapu, xefa da Sección de Recursos e Desenvolvemento Estratéxico da Dirección Xeral de Cultura-Institución Príncipe de Viana e forma parte da Comisión de Mecenado. Participou no deseño do Plan Estratéxico de Cultura de Navarra e na redacción da pioneira Lei Foral de Dereitos Culturais. A outra persoa convidada é Pau Rausell, responsable de Econcult, unha das unidades de investigación de referencia en toda Europa no campo da Economía da Cultura. Ademais dunha visión moi ampla sobre as medidas postas en marcha en distintos territorios, actualmente están a recoller os resultados dunha enquisa a axentes culturais para analizar o impacto da Covid-19.




O presente diálogo permítenos coñecer modelos e propostas que se están a realizar noutros puntos do Estado como Valencia ou Navarra e que nos permiten repensar a realidade inmediata e o futuro a medio prazo. Así, falouse da asunción dos espazos culturais dende o punto de vista emocional que permita recuperar a confianza e a seguridade das persoas usuarias, a recuperación da contratación e reprogramación e o establecemento de protocolos de seguridade marcados pola denominada nova normalidade. Estaremos ante formatos híbridos que conxuguen o virtual co real cos retos da democratización cultural, do fortalecemento da de por si deficiencia estrutural da profesión cultural, da necesidade dun maior coñecemento da experiencia e grao de satisfacción das persoas usuarias, do imprescindible compromiso cidadán no consumo cultural e do establecemento de mapeos dos sectores culturais e artísticos para coñecer a actualidade do tecido creativo e asociativo.
Son novos retos para unha nova realidade sobre a que cómpre reflexionar para non caer en vellos paradigmas e co obxectivo de poñer por diante a participación cidadá e o compromiso –tamén económico- coa cultura propia. Indican que xa a Axenda Europea para a Cultura reivindicaba o binomio cultura-benestar e animaba a explorar as posibilidadades do consumo cultural como terapia curativa e podería ser un bo momento para poñelo enriba a mesa. Unha lei de mecenado como a existente en Navarra, pioneira no seu día no Estado e exemplo para outras que saíron posteriormente postúlase como unha boa ferramenta, así e como o coñecemento da realidade do sector profesional da cultura. Nese sentido, Rausell adiantou os resultados dunha enquisa sobre o impacto da crise para os axentes culturais que obtivo 800 respostas. O 50% delas atinxen ao ámbito valenciano e 50 son específicas de Galicia. Como elemento diferencial a respecto do resto do Estado e sen aínda resultados concluíntes, adiantou que existe unha gran preocupación nos profesionais galegos por como cumprir as obrigas económicas e pola necesidade de contar con información sobre reprogramación. Esta preocupación está por riba da existente en profesionais culturais doutros ámbitos do Estado.
ASISTENCIA
Recepción de preguntas e suxestións previas para enriquecer o debate, a través do correo electrónico difusion@consellodacultura.gal segundo as datas de entrega indicadas en cada sesión.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
Ante a crise da Covid-19, o sector cultural foi un dos primeiros en paralizar a súa actividade e, segundo indican todas as previsións, será dos últimos en poder retomala de forma similar a como se viña desenvolvendo ata marzo de 2020. O tempo que isto leve é a grande incógnita, pero tamén como serán os pasos graduais que se deban transitar neste camiño.
Froito das incertezas do momento, os distintos sectores e disciplinas culturais teñen activado espazos de xeración de ideas, e sobre todo de demanda de medidas urxentes ante as administracións central e autonómica. Con todo, resultará esencial o papel da acción cultural municipal, pública e de proximidade, para o futuro do sempre fráxil sector cultural privado e social, tanto profesional como amador. E o máis importante, para garantir o dereito de acceso á cultura para a cidadanía.
Urxe, polo tanto, abrir espazos públicos de reflexión neste ámbito, onde poder compartir os retos, ferramentas e posibles estratexias que poden activarse a curto, medio e longo prazo. Con este obxectivo, o Consello da Cultura Galega promove este ciclo articulado arredor de tres encontros en liña, coordinados por Sergio Lago, con canles abertas á participación e coa posterior publicación das principais ideas que xurdan neste proceso.
Ficha técnica 
Ciclo en liña.
Xestión e políticas culturais nos concellos. Retos ante a Covid-19
REFLEXIÓNS INSPIRADORAS
Xestión e políticas culturais nos concellos. Retos ante a Covid-19
Cando
28 de maio de 2020
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Coordinación
Sergio Lago
Relator/a
Mª Camino Barcenilla Tirapu
Marián Fernández
Pau Rausell
Organiza
Comisión Técnica Temporal de Xestión e Políticas Culturais (CCG)
Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega