Recital - O equilibrio dos extremos. Mércores, 29 de setembro ás 18:30 horas

O equilibrio dos extremos

Recital

O equilibrio dos extremos

Mércores, 29 de setembro ás 18:30 horas
Santiago de Compostela
Recital

O equilibrio dos extremos

Mércores, 29 de setembro ás 18:30 horas Santiago de Compostela

O Consello da Cultura Galega presentou o pasado día 21 de marzo -Día Mundial da Poesía- un vídeo de homenaxe a Xela Arias (como figura homenaxeada do Día das Letras 2021), baseado nun fermoso diálogo literario entre novas voces poéticas e a da autora viguesa. Doce escritoras e escritores nacidos a partir da década dos oitenta imaxinaron en conversa íntima con cadanseu poema de Xela Arias, que eles e elas mesmas seleccionaron.
A poesía converteuse nun lugar de (re)encontro dende o que asomarnos, aínda que for por un intre, a ese anceiado equilibrio imposible. Esta aposta web e audiovisual deu lugar a un proxecto bibliográfico co que lembramos e reinvidicamos o labor editorial da propia Xela Arias, quen xuntou na súa figura o papel de creadora poética e editora. O exquisito traballo das editoras de Apiario deu lugar ao volume que hoxe se presenta nun recital en que participan algunhas das voces presentes nas súas páxinas de conversa con Xela e co futuro. Lois Alcayde Dans, Tamara Andrés, Alba Cid, Berta Dávila, Rosalía Fernández Rial, Oriana Méndez, Arancha Nogueira e Ismael Ramos porán voz aos seus versos e aos de Xela. Porque o ano 2021 continúa e Xela Arias segue a ser a protagonista das nosas letras.
Ficha técnica 
Recital
O equilibrio dos extremos
Cando
Mércores, 29 de setembro ás 18:30 horas
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205